Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense abre desde o xoves, 19 de xaneiro, o prazo de presentación de solicitudes para que as persoas interesadas poidan optar á convocatoria para prover 6 prazas de Policía Local: 5 delas por oposición libre e 1 por mobilidade, correspondentes a á oferta pública de emprego do ano 2013. Con esta convocatoria, o Concello avanza no reforzo deste servizo, básico para a cidadanía, cuxa plantilla se viu minorada nos últimos anos como consecuencia da xubilación de axentes. A Policía Local de Ourense conta a día de hoxe con 115 efectivos (102 axentes e 13 mandos).

O Concello de Ourense seguirá traballando no reforzo deste servizo coa próxima convocatoria das prazas das ofertas de emprego público de 2014, máis aquelas vacantes que permite a lei con respecto ás ofertas públicas de emprego de 2015 e 2016.

O anuncio da convocatoria publicouse o mércores 18 de xaneiro no Boletín Oficial do Estado, polo que se abre un prazo de presentación de solicitudes de vinte días naturais, a contar desde mañá. As bases da convocatoria están publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, número 2, do martes 3 de xaneiro de 2017, que regulan o sistema selectivo de oposición libre de 5 prazas de funcionarios de carreira e 1 praza por mobilidade, pertencentes á escala de administración especial, sub-escala de servizos especiais, clase policía local, sub-grupo C1.

Requisitos

Os requisitos esixidos, son entre outros, para participar na quenda libre: posuír nacionalidade española, superar os 18 anos de idade, estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres, estar en posesión do título de Bacharelato, técnico de formación profesional ou calquera outro equivalente, segundo as disposicións educativas sobre a materia, ou superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B, non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administración públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme, entre outras.

Para participar no concurso para a mobilidade de funcionarios doutros corpos da Policía Local de Galicia, os requisitos son, entre outros, ostentar, en propiedade, a categoría de policía noutros corpos de Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia, ter una antigüidade mínima de tres anos na citada categoría ou faltar, como mínimo, 12 anos para o pase previsto á situación de segunda actividade.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.