Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense culminará o 16 de maio o expediente de honra aberto a Carlos Casares no ano 2003. O remate deste expediente, iniciado hai 14 anos, suporá un acto formal para o nomeamento de Carlos Casares como fillo predilecto da cidade a título póstumo nunha sesión plenaria que se celebrará na véspera do Día das Letras Galegas, que este ano se lle adica ao escritor ourensán.

Ademáis deste recoñecemento público da cidade, o Concello tamén descubrirá unha praca-busto do escritor ourensán na Praza Bispo Cesáreo, como recoñecemento da cidade á figura de Carlos Casares.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, comunicoulle esta decisión aos membros da Fundación Carlos Casares, presidida por Xavier Casares. “Deste xeito, culminamos un expediente que permanecía aberto desde hai 14 anos e o facemos precisamente no ano no que se honra a memoria do gran escritor, coa máxima distinción que se lle pode outorgar desde o Concello de Ourense”, sinalou o rexedor ourensán.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.