Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Goberno Municipal encarga unha análise á Policía Local para primar os peóns na circulación viaria, estudiando a posibilidade de reducir os tempos de espera nos semáforos.  Tamén se fixarán as zonas e puntos máis conflictivos no tocante ao tráfico para enviar alí voluntarios que reforcen a campaña de  sensibilización e información que ten en marcha a Policía Local.

O luns, 20 de marzo, os responsables de catro concellerías (Seguridade Cidadá, Mobilidade, Voluntariado e Educación), xunto coa intendente xefe da Policía Local e  o propio Alcalde, mantiveron unha reunión co fin de deseñar as accións que formarán parte da campaña de concienciación que está xa en marcha desde a semana pasada, co fin de previr atropelos.

Reducción dos tempos de espera nos semáforos

Neste encontro púxose de manifesto que se vai encargar unha análise á Policía Local para tratar de primar aos peóns na circulación viaria, estudiando a posibilidade de reducir os tempos de espera para peóns en determinados semáforos, así como de limitar a 30 km/h determinadas vías. 

Ambas consideracións serán analizadas polos técnicos para planificar a súa viabilidade.

Tamén se fixarán, en colaboración coa Policía Local, as zonas e puntos máis conflictivos no tocante ao tráfico para enviar alí voluntarios que reforcen a campaña de sensibilización e información que ten en marcha a Policía Local.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.