Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A sede da Federación Española de Municipios de Provincia acolleu unha reunión da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade deste organismo que presidida polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Nesta reunión de traballo avanzáronse diversos temas, entre os que destacou a presentación da ordenanza tipo reguladora do Procedemento Administrativo Común Electrónico da Administración Local. Este novo texto foi aprobado o pasado 14 de decembro pola Xunta de Goberno da FEMP, e recolle unha serie de principios que regularán a adecuada implantación no ámbito local do procedemento administrativo electrónico, tratando de simplificalo para que la relación da Administración coa cidadanía sexa máis áxil e fluida.

No transcurso da reunión de traballo tamén se presentaron os libros de estudio e traballo para a transformación dixital das entidades locais, así como a actualización do reglamento tipo de participación cidadá, fixando como obxectivo a finalización da súa redacción antes do verán.

Reunión no IDAE sobre xeotermia

Con anterioridade á reunión na FEMP, o alcalde de Ourense mantivo unha reunión con Arturo Fernández, director xeral do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE); así como con Alfonso Olivas de la Llana, director de Energías Renovables desta entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da Secretaría de Estado de Energía.

O obxecto do encontro foi avanzar no desenvolvemento da xeotermia en Ourense, proxecto no que ambolos dous responsables do IDAE amosaron interese en seguir avanzando a través da colaboracións institucional, mediante un convenio, co fin de facer de Ourense unha cidade máis sostible.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.