Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, informou na rolda de prensa posterior a Xunta de goberno que o último dos expedientes do Servizo de Rehabilitación ofrece  “unha noticia importante para Ourense en materia social e integradora, como é a aprobación definitiva polo IGVS e ordenación da publicación, para a súa efectiva entrada en funcionamento, das bases reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras”, dixo o rexedor.

Logo de se abrir un período de alegacións, as bases xa incorporarán os impresos de solicitudes. Isto faise grazas a un acordo entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e a FEGAMP. “Cómpre salientar que o de Ourense foi o primeiro Concello de Galicia que solicitou a súa adhesión a este programa, xa o pasado 27 do mes de abril. É unha prioridade para o Concello de Ourense que quere mobilizar as vivendas baleiras existentes na nosa cidade para destinalas a alugueiro social”, afirmou.

A Lei de vivenda de Galicia establece que as administracións públicas poderán adoptar medidas dirixidas a impulsar a posta no mercado de vivendas en aluguer de vivendas baleiras, co obxectivo prioritario de favorecer o acceso á vivenda a colectivos singulares, en particular aos colectivos sociais especialmente desfavorecidos, vulnerables ou en situación de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores e persoas novas que pretendan acceder á vivenda por primeira vez.

O custe máximo do aluguer será de 350€ e nunca superior ao 30% dos ingresos do inquilino. O Concello será o encargado de propoñer as vivendas que se poidan incorporar así como os adxudicatarios das mesmas, sempre respectando os requisitos establecidos. Pola súa parte, a Xunta comprometese a proporcionar para as vivendas que se incorporen un seguro multirrisco do fogar e un seguro da garantía do cobro da renda.

 

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.