Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Pleno da vindeira semana debatirá a aprobación definitiva do Plan Especial de Protección do Conxunto de Interese Etnográfico de Seixalbo, así como a modificación de uso dos terreos previstos para o CAPD en Barrocás

Na Comisión de Pleno do venres dictamináronse a favor estes asuntos (coa abstención de DO no caso de Seixalbo), así como a incoación do expediente de honra a favor de Daniel Vázquez Gulías (coa abastención de OueC); a resolución do expediente de honra a Benito Losada; e a resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora de vivendas de emerxencia social

Ademáis das mocións que presente cada grupo político, o Pleno da vindeira semana, correspondente ao mes de marzo, debatirá cinco asuntos na súa parte resolutiva, a proposta do goberno municipal.

Así quedou dictaminado na Comisión de Pleno que se celebrou esta mañá no Concello de Ourense. Deste xeito, os asuntos que se incluirán na sesión plenaria serán os seguintes:

  • Incoación do expediente de honra a favor de Daniel Vázquez Gulías (o dictame foi aprobado por todos os grupos e a abstención de OueC)
  • Resolución do expediente de honra a favor de Benito Losada (unanimidade)
  • Aprobación definitiva do Plan Especial de Protección do Conxunto de Interese Etnográfico de Seixalbo (aprobado por todos os grupos e abstención de DO)
  • Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora de vivendas de emerxencia social (unanimidade)
  • Modificación de uso da parcela prevista para ubicar o futuro CAPD en Barrocás (unanimidade)

CAPD e xuntanza previa dos portavoces

A modificación de uso da parcela de 4.600 metros cadrados que o Concello cederá á Xunta de Galicia para a construcción do CAPD en Barrocás foi fóra da orde do día e polo trámite de urxencia. Con anterioridade á Comisión de Pleno, o alcalde, Jesús Vázquez, citou aos portavoces municipais para explicarlles que o acordo adoptado coa Xunta e a Deputación para a cesión destes terreos facía necesario o voto a favor en Comisión de Pleno para o seu posterior debate no pleno de marzo e non ter que dilatalo ata o mes de abril, e poder modificar o uso urbanístico para construir canto antes o centro. Todos os portavoces municipais asumiron a importancia deste asunto e votaron a favor da urxencia do punto e da proposta para a súa inclusión na orde do día do pleno da vindeira semana.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.