Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense iniciará este sábado unha nova proposta de lecer para as fines de semana: “Noite de cine na rúa”, un ciclo de 4 proxeccións dunha escolma de películas de cine internacional que se realizarán os sábados ás 22:00h na Praza Maior (escalinata de Santa María Nai) e no bulevar termal das Burgas. Son pases gratuítos de películas de especial interese, elixidas pola súa temática e calidade artística, no marco de programa de actividades de lecer para a mocidade “Ociourense Xove 2017”.

Sábado, 29 de abril, 22:00h, Praza Maior (escalinata de Santa María Nai)

A lección, Kristina Grozeva e Petar Valchanov (Hungría, 2014)

Sinopse: Nun pequeno pobo de Bulgaria, Nadezhda, unha nova profesora, trata de descubrir ao alumno que rouba na súa clase, de maneira que poida ensinarlle unha lección achega do que está ben e o que está mal. Pero cando se endebeda cuns prestamistas sen escrúpulos empeza a cuestionarse ela mesma cal é o camiño correcto

Sábado, 13 de maio, 22:00h (Bulevar termal das Burgas)

Anomalisa, Charlie Kaufman, Duke Johnson (EE.UU, 2015)

Sinopse: A película ten por protagonista a un motivador profesional que, canto máis axuda á xente, máis monótona e anódina é a súa vida; todo o mundo parécelle e sóalle igual. Ata que a voz dunha moza sóalle diferente e está disposto abandonalo todo e a todos por alcanzar a felicidade con ela. Película de animación escrita por Charlie Kaufman

Sábado, 27 de maio, 22:00h, Praza Maior (escalinata de Santa María Nai)

La nostra vita, Daniele Luchetti (Italia, 2010)

Sinopse: Claudio é un albanel que está moi namorado da súa muller e espera a chegada do seu terceiro fillo. Con todo, cando un golpe inesperado do destino cambia a súa vida, Claudio afrontará con rabia a inxustiza persoal e social que se abateu sobre el.

Sábado, 10 de xuño, 22:00h (Bulevar Termal das Burgas)

A cidade dos nenos perdidos, de Jean-Pierre Jeunet, Marc Caro (Francia, 1995)

Sinopse: Sobre unha plataforma mariña perdida na néboa, o malvado Krank envellece prematuramente, pois carece dunha calidade esencial: a facultade de soñar. Por esta razón, rapta aos nenos da cidade para roubarlles os seus soños.

18 actividades de lecer saudable

Oicourense Xove, na súa sétima edición que botou andar a semana pasada, agrupa un total de 18 actividades saudables dirixidas a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos de idade para o seu tempo de lecer. Será durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño, e inclúe campos tan diversos como o deporte, a música, a fotografía, o baile, o cinema ou a cociña, entre outras. Todo cunha oferta de doado acceso e moi diversificada para encaixar con posibles afeccións e adecuada aos momentos de venres e sábado

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.