Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Como cada ano o Concello de Ourense organiza diversas actividades para conmemorar o día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o día 5 de xuño. Se realizarán actividades en diferentes puntos da cidade para concienciar a población en xeral e aos mais pequenos en particular da importancia de conservar o Medio Ambiente.

Este ano o lema da xornada é “Conectando as persoas coa Natureza” e programamos actividades moi diversas nas que toda a población poda, en distintos puntos do municipio, estar en contacto coa natureza co fin de coñeceña, desfrutala e protexela.

Todas as actividades son gratuitas pero nalgunhas é preciso ou aconsellable a inscrición.

 

SABADO 27 MAIO

17:00 horas. Ameazas da biodiversidade en Galicia. Tódolos públicos. Parque Botánico de Montealegre. Necesario inscrición.
Nunha primeira parte se falará sobre a biodiversidade galega, con enfoque ás especies invasoras e amezadas e nunha segunda parte realizarase unha posta en común de que podemos facer cada un de nos para combater as especies invasoras.

 

DOMINGO 28 MAIO

10:00 hora. Hortos infantís, cultiva ti mesmo. Parque Botánico de Montealegre. Necesario inscrición. Público infantil de 5 a 12 anos.
Esta actividade infantil permitirá descubrir a agricultura ecolóxica e as súas aplicacións, aportar coñecementos sobre o ciclo de vida, a procedencia dos alimentos a meteroloxía e os coidados das plantas. Realizarase en catro sesións onde se realizarán as tarefas propias dun horto (cultivo, rega, recolección, control de pragas…) o 28 de maio, 25 de xuño, 23 de xullo e 20 de agosto.

11:30 – 18:30 horas. Verdeando na horta. Obradoiro para familias. Horta da Carballeira. Recomendable inscrición.
Esta actividade consiste no desenvolvemento dunha serie de actividades ambientais na horta. Están dirixidas a familias para que pasen unha xornada nun ambiente agradable e desfruten dun espazo de hortas ecolóxicas. Se realizarán dous obradoiros, un de construcción de atraintes de aves para hortas e xardíns para identificar os paxaros que conviven connosco e otro “A túa horta na terraza” para iniciarnos no cultivo ecolóxico nos nosos fogares, sen necesidade de ter horta ou terreo.

 

LUNS 29 MAIO

18:00 horas. Pegada ecolóxica. Parque Beiramiño.
A Pegada ecolóxica é un indicador do impacto ambiental xenerado pola demanda humana que se fai dos recursos existentes nos ecosistemas do planeta, relacionándola coa capacidad ecolóxica da Terra de regenerar os seus recursos. Ser trata de calcular quen gasta mais do que necesita para vivir, quen deixa mais pegada ou rastro mediante un xogo de preguntas e respostas moi divertido e dinámico.

 

MARTES 30 MAIO

Concurso – Campaña Adopta unha árbore. Rua do Paseo Inscrición en www.sustinea.org. As persoas interesadas en participar deseñarán unha árbore na rúa do Paseo.

 

MÉRCORES 31 MAIO

18:00 horas. Obradoiro ReciclArte e Os “Contos de realidade”. Parque Diego Glez Blanco.

Será un obradoiro dinámico e teatralizado para concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas en aspectos de sostibilidade e reciclaxe.
En primeiro lugar haberá unha representación de teatro de “O avó Ramón e a neta xoaniña cos contos de realidade” para achegar aos asistententes á ecoloxía dun xeito ameno e divertido. A continuación a partir de materiais de refugallo realizarán diversos obxectos realizados de forma completamente artesanal.

 

XOVES 1 XUÑO

18:00 horas. Corredor verde de insectos polinizadores. Obradoiro no xardín do Posío. Recomendable inscrición.

O obradoiro consistirá na construcción de refuxios para insectos con materiais naturais e de refugallo, que cada persoa poderá levar para colocar no seu xardín ou terraza.

 

VENRES 2 XUÑO

18:00 horas. Pegada ecolóxica. Parque San Lázaro

 

SÁBADO 3 XUÑO

10:30 horas. Xincana de orientación en familia “Familias exploradoras”. Parque Barbaña. Recomendable inscrición.

As carreiras de orientación son actividades moi divertidas e completas, fomentan o compañeirismo, o traballo en equipo e dado que se realiza no medio natural o respeto pola natureza. Os participantes terán que superar probas e recopilar restos de animais, follas, pegadas… De xeito sinxelo ensinaremos as familias a identificar as especies vexetais e animais que podemos atopar.

17:00 horas. Entendendo o cambio climático e a pegada de carbono. Parque Botánico de Montealegre. Tódolos públicos. Necesario inscrición.

Esta actividade contará con duas partes, en primero lugar un xogo denominado “Efecto dominó” para explicar o cambio climático as súas causas e consecuencias e na segunda parte explicarase que é a pegada de carbono e procederase a calcular a pegada de cada un dos asistentes mediante un test.

 

DOMINGO 4 XUÑO

10:00 horas. Xoga pola Biodiversidade. Parque Botánico de Montealegre. Actividade infantil (7 -11 anos). Necesario inscrición.
Para por en valor a biodiversidade e proporcionar información de forma amena, proponse unha serie de xogos nos que participarán os nenos e nenas de xeito individual ou en grupo.

 

LUNS 5 XUÑO

18:00 horas. Eco Xincana “O Clube doas coidadores do Planeta”. Parque Barbaña.
Esta actividade está composta dunha eco-xincana infantil, que representará a creación dun clube moi importante e selecto que ten por misión protexer o noso planeta. Para poder formar parte del os participantes deberán superar diversas probas que representarán hábitos saludables para a conservación e a protección do Medio Ambiente. Haberá unha introducción teatralizada para motivas aos participantes e as probas serán moi dinámicas e adaptadas a tódolos públicos e ideal para participar en familia.

18:00 horas. Contos da natureza e xogos populares. Parque Angelita Paradela.
Esta actividade intentará que os nenos e nenas mediante contos e xogos populares aprendan cousas novas sobre os animais en perigo de extición e a xestión dos residuos. Ten duas partes diferenciadas, os contos da natureza nas que un monitor contaralles uns contos para conciencialos de todo os que os rodea e desfrutar con eles para ensinarlles e educarlos en valores humáns.
A segunda parte, nos xogos populares, os asistentes a través dos xogos do 3 en raia aprenderán información dos animais en perigo de extinción e co xogo do pano, información dos colectores e residuos mais comúns.

 

MARTES 6 XUÑO

18:00 horas. Aprender a xogar cos nosos fillos na natureza. Obradoiro para familias. Parque Ingabad O Couto. Recomendable inscrición.
Nesta xornada ensinaremos aos pais e nais diferentes xogos, dinámicas, técnicas e obradoiros para facer cos seus fillos e fillas na natureza. Mostrarase como o xogo permite os cativos e cativas expresar a súa creatividade e desenvolver a súa imaxinación.

Máis información

Programación da Semana del medio Ambiente 2017 (pdf)

Tríptico da Semana do Medio Ambiente (pdf)

Código QR (pdf) para consultar a programación

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.