Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A cidade de Ourense celebra o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades, baixo o lema Móllate pola Igualdade. A diversidade e os coidados non teñen xénero, que se desenvolverán desde o día 8 ata o 14 de marzo.

Entre as actividades haberá unha charla-coloquio sobre mulleres con traxectorias destacadas en diferentes ámbitos; cine coa proxección da película “Os fenómenos”; lectura de comunicado; entrega do Premio Clara Campoamor, e deporte. Neste último apartado haberá unha mesa redonda sobre muller, vida activa e deporte,  actividades deportivas gratuítas de Zumba, Aquagym, un adestramento funcional e un maratón solidario de 12 horas pedaleando.

Estas últimas actividades foron presentadas o seis de marzo pola concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, e o representante de BeOne, Miguel González Rodríguez. Anotarse é sinxelo: só é preciso chamar ao 988.210.769 ou a través do enderezo de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. No caso da actividade solidaria, que buscará acadar 3.000 euros para a fundación Amaranta, serán 12 horas (de 9:30 a 21:30 horas) de pedaleo e, con cada quilómetro, doarase a cantidade de 1 euro. Ademais, haberá unha urna para facer doacións voluntarias.

Calendario de actividades 

  • 8 de marzo: 
    • 11:00 horas. Beone Eiroás. Masterclass Zumba
    • 12:30horas. Salón de plenos. Acto institucional de lectura de comunicado do Día das Mulleres.
    • 20:00 horas. Liceo. Acto de entrega do XI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Julián Pardinas, fiscal delegado de Violencia de Xénero en Ourense, pola súa traxectoria no ámbito do servizo contra a violencia de xénero.
  • 9 de marzo
    • 11:00 horas e 20:30 horas, en BeOne Eiroás. Masterclass Aquagym.
    • 20,30h, Café Plaza. Charla-coloquio: “Vivencias: superando o insuperable”, na que participarán mulleres con traxectorias vitais destacables compo emprendedoras ou escritoras, que relatarán súas experiencias: Laura Jones, presidenta-socia da cooperativa QNecesitas, Mónica Fernández Pintos, empresaria xerente de Prink, Emma Noriega xerente de Rei mago dime tú e Natalia Sanchidrián, coach e autora do libro “Voando alto”.
  • 10 de marzo
    • 20:30horas. Centro cívico Colón. Mesa redonda: Muller, vida activa e deporte
  • 11 de marzo
    • 9:30 a 21:30horas. Beone Eiroás. “12 horas pedaleando sen parar pola igualdade”. Recadarase 1 euro por quilómetro a prol da Fundación Amaranta, organización privada, sen ánimo de lucro que ten como finalidade favorecer a integración persoal e incorporación social de mulleres e adolescentes afectadas pola prostitución e outras situacións de exclusión.
  • 12 de marzo
    • 11:00 a 12:00 horas. Campo de fútbol de Eiroás “Be-hit 60 superando barreiras”.
  • 14 de marzo
    • 20:30 horas. Biblioteca Pública. Proxección da película Os fenómenos (2014, Alfonso Zarauza), gañadora de 4 Premios Mestre Mateo, nun acto no que intervirán o director e a coguionista da película Jaionene Camborda. Unha muller que vive desde hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería ve como a súa parella desaparece precisamente o día en que ía empezar a traballar. Recolle os seus enseres, regresa co seu bebé ao seu pobo natal, Ferrol. Ao principio, ten enormes dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, pronto a súa cuadrilla empeza a destacar entre as demais pola súa extraordinaria capacidade de traballo.

     

Accións de rúa

O concello divulgará a campaña con publicidade en medios de comunicación, cartelería, cubos informativos no centro da cidade e traseiras de autobús para acadar a máxima visibilidade.

Tamén realizará accións de márqueting directo, que consistirán no reparto de pegatinas con mensaxes de concienciación de que a igualdade é cousa de todos.

Neste caso será en establecementos da cidade que teñan servizos de uso público. Nas portas dos servizos para homes colocaranse adhesivos que convidan á reflexión de que as necesidades básicas e o coidado das persoas, -concretamente nesta acción ás das que padecen discapacidade e os bebés- non teñen xénero.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.