Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O luns, 3 de xullo, dáselle inicio ás Actividades de Verán ofertadas polo Concello de Ourense para nenos e nenas da cidade. As previsións da Concellería de Educación apuntan a que participarán máis de 600 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. As actividades levaranse a cabo durante os meses de xullo e agosto nos seguintes espazos lúdico - educativos da cidade: a Aula da Natureza de Oira, as Bibliotecas Municipais e en catro centros educativos: Os CEIP O Couto, Irmáns Villar, A Ponte e Mestre Vide.

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, resalta que estas actividades veñen de acadar, unha vez máis, un gran éxito de inscrición: “Superáronse con creces todas as expectativas no primeiro día, cubríndose daquela xa o 80% das prazas ofertadas”, afirma

O obxectivo principal que persegue o Concello de Ourense coa realización de todas estas actividades é facilitar espazos e horarios que se adapten ás necesidades das familias da cidade que teñen nenos e nenas de 4 a 12 anos. A programación está conformada por actividades didácticas onde a metodoloxía fundamental é o xogo, destacando o seu carácter autotélico e as aprendizaxes construtivas. Ou, dito doutra maneira, “aprender a aprender", en palabras de Iglesias Cortés.

As actividades organízanse sen esquecer nunca a educación en valores. Sirva como exemplo neste eido o contido das actividades da Aula da Natureza, onde se inculcan valores coma o do coidado e respecto á Natureza, o coidado do mobiliario urbano, acostumarse a comer san e de todo, etc. "Respéctase en todo momento o desenvolvemento evolutivo do neno partindo do principio 'a diversidade para chegar á igualdade de oportunidades', é dicir: potenciando a inclusión educativa", conclúe Iglesias.

Trátase, polo tanto, de actividades "prioritarias" para a Concellería de Educación, asegura a edil Belén Iglesias, "xa que o noso principal obxectivo é o de prestar servizos que sexan realmente útiles á cidadanía sen cargar nas economías familiares".

Xullo 2017: Actividades nos CEIPs da cidade

Dirixido a: Alumnado de Educación Primaria
Nº Prazas: 300
Horario: de 8.30h a 14.30h
Contido: Monitores e monitoras especializados realizan múltiples actividades de carácter lúdico e educativo (obradoiros, xogos, deportes, inglés, saídas didácticas...)

 

Xullo / Agosto 2017. Bibliotecas Municipais de A Ponte, A Carballeira, San Francisco e O Couto

Dirixido a: nenos e nenas de 4 a 10 anos
Nª Prazas : 200
Horario: De 10.30 a 13.00h
Contido: Actividades de Animación á Lectura

 

Xullo / Agosto 2017: Aula da Natureza de Oira

Dirixido a: Alumnado de Educación Primaria
Nº Prazas: 100.
De 10.00 a 13.00h e polas tardes de luns a xoves de 16.30h a 19.00
Actividades relacionadas coa Natureza, saúde e medio ambiente

Outras actividades de conciliación para cativos: Centros Cívicos

As da Concellería de Educación non son as únicas actividades de conciliación familiar postas en marcha polo Concello de Ourense. O pasado 23 de xuño remataba o prazo de inscrición para as Actividades de Verán deseñadas polas Concellerías de Asuntos Sociais, Igualdade e Xuventude e que se desenvolverán desde o luns nos Centros Cívicos da cidade.

As actividades irán encamiñadas a educar e concienciar os nenos e nenas no consumo responsable e na alimentación saudable: reciclaxe, etiquetaxe dos alimentos, publicidade e comercio xusto. Ademais haberá obradoiros de coeducación, educación non sexista e dos dereitos da Infancia.

Tamén se pretende que as actividades sexan unha forma de axudar as familias a conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións que ampliará o horario das actividades: de 9:00 horas a 13:30 horas para as familias que o desexen nalgún dos centros de maior afluencia.

As actividades realizaranse nos centros cívicos de: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo durante os meses de xullo e agosto de 2017. Serán de luns a venres e os horarios van de 9:00 a 13:30 horas dependendo do centro. Vanse dividir en quincenas do seguinte xeito: Do 3 ao 14 de xullo; do 17 ao 31 de xullo; do 1 ao 16 de agosto; e do 17 ao 31 de agosto.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.