Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Os campos de fútbol dos Remedios e Oira locen novo céspede artificial, con nivel de calidade certificado pola Federación Internacional de Fútbol, logo das obras de remodelación realizadas polo Consello Municipal de Deportes. Esta tarde terá lugar o acto de recepción das obras de renovación do céspede e mellora do rego de ambos campos, os máis utilizados e referentes do fútbol base na cidade.

As obras dan resposta a unha perentoria necesidade, dado o deterioro acumulado polas instalacións, pola súa antigüidade e polo uso. Supoñen tamén un importante salto de calidade, xa que garante as mellores condicións para 1.600 deportistas que utilizan cada semana as instalacións. Grazas ao selo FIFA Quality Pro, ambos campos poderán ser escenario de partidos de fútbol internacional.

Asistirán ao acto o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o presidente da Federación Galega de Fútbol, presidentes dos clubs usuarios das instalacións, Representante da Dirección de Obra e da Adxudicataria, Mondo Ibérica SL.

Tamén terá lugar o descubrimento da nova placa conmemorativa que lle dá o nome de Miguel Ángel ao campo do pavillón dos Remedios, en recoñecemento á excelente traxectoria do futbolista ourensán, porteiro da selección española e do Real Madrid Club de Fútbol.

A execución destes proxectos constou das seguintes partes:

  • Desmontado e retirada do céspede existente, con maquinaria especial, separación da área, e o caucho para a súa posterior reciclaxe, o depósito en xestor de residuos autorizado.
  • Instalación dunha rede de rego con canóns de longo alcance.
  • Colocación dunha base elástica prefabricada de características necesarias para a obtención da certificación FIFA QUALITY PRO.
  • O céspede artificial, grazas á súa resistencia ante calquera condición meteorolóxica e frecuencia de uso tense consolidado como unha óptima alternativa á herba natural, moi útil para fomentar a práctica do fútbol. Xa que a calidade dos distintos sistemas dispoñibles no mercado varían considerablemente, para practicar fútbol só se admiten superficies sintéticas que superen as correspondentes probas de laboratorio e sobre o terreo conforme a estritos criterios do Programa de Calidade da FIFA: prestacións, seguridade, resistencia…

Para certificar o céspede artificial válido para fútbol, FIFA outorga o selo FIFA Quality a superficies que cumpren a normativa para terreos de uso comunitario e de fútbol amateur, mentres que o distintivo FIFA Quality Pro, pola súa banda, garante as mellores prestacións de xogo para o fútbol profesional, e é a que se vén de instalar nos campos de Ourense.

Colocación dunha nova manta de céspede sintético de 12.000 decitex (medida de resistencia empregada na industria téxtil) e 45 mm de longo monofilamento, lastrado con área de sílice e caucho.

O importe final das obras realizadas ascende a 219.802,68€ nas obras de Oira e de 201.308.21€, procedentes dunha modificación de crédito do remanente de tesourería do Consello Municipal de Deportes.

As obras foron financiadas integramente polo Consello Municipal de Deportes, con fondos procedentes de remanente de tesourería, por acordo unánime de todos os grupos políticos integrantes do consello reitor, e contaron coa colaboración da Federación Española de Fútbol. Dan resposta á demanda de equipos e deportistas, ocasionadas polo deterioro acumulado ao longo dos anos (o campo de Oira é do ano 2001 e a dos Remedios é de 2006).

Os prazos de execución cumpríronse estritamente. Deste xeito, os clubs que dos campos fan uso, non tiveron que modificar súas programacións da tempada a pesares das obras. A maiores das obrigas do contrato por parte da adxudicataria, esta está o mantemento dos pavimentos os vindeiros cinco anos, feito este que redundará na vida útil destas instalacións.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.