Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Remataron as obras as obras de limpeza e conservación de As Burgas, concretamente das Burgas de Abaixo. Esta actuación xurdiu logo de que o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinaran o convenio de colaboración polo cal se realizaron os traballos.

 

Así, a Xunta asumiu o custe dos traballos (13.068 euros), así como o do proxecto (2.649,90 euros).

Estes traballos de mellora no símbolo de Ourense súmanse aos xa efectuados pola Xunta de Galicia na Ponte Romana (onde se continuará coa segunda fase do proxecto de adecuación e mellora) e na Catedral de Ourense. Actuacións ambas que superan os 3 millóns de euros no seu conxunto. “Acabamos de dar así un paso máis na conservación e preservación do patrimonio histórico e cultural da nosa cidade”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez

Precisamente, o convenio polo que se executaron os traballos xurdiu como froito da petición formulada polo alcalde, Jesús Vázquez, á Xunta de Galicia, toda vez que as fontes das Burgas de Abaixo precisan de traballos de limpeza e restauración, debido ao paso do tempo e ao desgaste da propia pedra pola auga. “As Burgas son o gran emblema de Ourense, polo que é de agradecer a cooperación amosada polo Goberno Galego para contribuir a preservar este ben patrimonial”, sinala o alcalde ourensán.

Estes traballos de mellora no símbolo de Ourense súmanse aos xa efectuados pola Xunta de Galicia na Ponte Romana (onde se continuará coa segunda fase do proxecto de adecuación e mellora) e na Catedral de Ourense. Actuacións ambas que superan os 3 millóns de euros no seu conxunto. “Damos así un paso máis na conservación e preservación do patrimonio histórico e cultural da nosa cidade”, conclúe o alcalde, Jesús Vázquez.

Datos técnicos dos traballos

A fonte “A Burga de Abaixo”, foi construída polo mestre Trillo a mediados do século XIX segundo os canons neoclásicos de moda na época. Os mananciais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975, e Sitio Histórico polo Decreto 17/2007 do 8 de febreiro de 2007.

Esta fonte está formada por unha estrutura arquitectónica con tres corpos; o central, cun nicho que acolle un chafariz dentro dun cáliz dunha flor de pedra con cinco pétaos e os laterais, un caño de auga en cada lado. O seu estado de conservación actual era malo debido á degradación do material construtivo, a suciedade e a pátina biolóxica en sitios puntuais, por mor de accións biolóxicas, ambientais e construtivas.

Esta deterioración traduciuse na aparición de costras negras nas zonas próximas aos caños, desprazamento e arenización nos caños, colonización de fungos, líquenes, algas e plantas superiores, así como perdas matéricas e de argamasas en sitios puntuais. Tamén se observa a presenza de cementos e sales de anteriores intervencións, manchas de óxido no cobre, e mesmo grafitis nas placas de bronce.

Os traballos de mellora contemplaron unha serie de intervencións sobre a fonte; primeiramente, realizouse unha limpeza en seco, eliminando a primeira capa de suciedade mediante medios mecánicos, espátulas, bisturíes, escápelos e cepillos. Deste xeito, elimináronse as plantas superiores, musgo e restos de argamasa desprendidos.

No que respecta á limpeza química, elimináronse os restos biolóxicos de líquenes e algas mediante pulverización de cloruro de benzalconio con tensoactivo ao 5% en auga destilada, valéndose de cepillos de cerdas suaves para a súa penetración nos poros da pedra. Posteriormente, neutralizouse con auga destilada.

Nas zonas delicadas da fonte, como a pila central e os caños lateriais, únicamente limpiouse con auga de xeito moi suave, tratando de non arrastrar ningún resto da capa superficial da pedra.

Nas zonas de grandes costras negras, procedeuse a aplicar papeta AB57 para reblandecer as zonas e eliminar de xeito máis sinxelo e eficaz este deterioro.

Traballouse tamén sobre a adhesión de placas: nas zonas máis fráxiles da fonte e con pequenas escamas, procedeuse a consolidar con resina UCA-D, a máis acorde con este tipo de pedra e a máis recomendada. Inxectouse en varias ocasións procurando maior penetración e insistiuse a diferentes concentracións segundo a zona a tratar.

No que respecta á eliminación do encintado, procedeuse a extraer o encintado antigo de diversas actuacións anteriores, entre os que se atopaban cementos, formigón e restos de argamasa deteriorados. Realizouse mecánicamente e sen chegar á zona baixa das Burgas para non danar as zonas máis afectadas.

Para o novo encintado, realizouse morteiro de cal e árido de silicio de dous tonos diferentes. Adaptouse o tono do morteiro segundo a zona do monumento (con tonalidades máis oscuras ou claras). Elimináronse os restos de cal en exceso e limpouse unha vez máis cada un dos sillares con auga destilada.

Tamén se procedeu á reconstrucción matérica, recontruíndose aquelas pequenas esquinas que permitían facerse con morteiro semellante ao do encintado.

Limpáronse tamén grafitis sobre as placas de bronce (mediante hisopos humedecidos en acetona) e elimináronse os chicles sobre os sillares (mediante papetas de acetona e con bisturí), así como a pintura dos mesmos mediante disolventes (hisopos humectados en acetona, nitro e tolueno segundo a zona).

Por último, no que respecta ás manchas de bronce, limpáronse con papetas empapadas en EDTA ao 10% durante unha hora, repetindo a operación ata catro veces nalgunha zona.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.