Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

As festas de Ourense chegan ao seu ecuador con grande parte do programa aínda por levar a cabo. Así, desde o xoves e até o remate das festas, serán máis de 70 os postos que se instalarán por diferentes emprazamentos do Casco Histórico da cidade dentro do Mercado Medieval, e que encherán de cor, olores e sabores o centro da cidade. Paralelamente, seguiranse desenvolvendo as actividades musicais e de animación, así coma o espazo bebés -ás 11:00 e 18:00 horas nos xardíns do Padre Feijóo-, e irán chegando concertos coma os do Sonoro Maxín, Orquestrada e Caxade na Praza Maior.

Porén, a cita máis esperada será a da banda Sweet California, este venres ás 23:00 horas no Xardín do Posío. A venda de entradas para o único concerto de pago destas festas -5€ adiantadas e 7€ na billeteira, dúas horas antes do concerto- vai a bo ritmo, e neste momento supéranse as 2.000 entradas vendidas a través da plataforma online ticketea.com.

O espazo do concerto ten unha capacidade máxima de 4.500 persoas, un aforo limitado para cumprir os protocolos de seguridade. Os menores de idade que teñan entre 0 e 12 anos, ambos os dous inclusive, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cubrindo un formulario que está no espazo web de ataquilla ou que se entregará nos accesos ao recinto, e acompañados por unha persoa adulta. Os menores entre 13 e 17 anos adquirirán a súa entrada correspondente e poderán acceder ao recinto nas mesmas condicións que as persoas adultas, sen necesidade de ir acompañados, pero tamén terán que cubrir e entregar este documento nos accesos ao recinto.

Batalla de Flores e Enofestival

O sábado terá, entre a programación do día, dous fitos moi salientables: a Batalla das Flores, con saída dos baixos da Alameda cara ao Progreso e cun percorrido circular entre Alférez Provisional (na intersección con Xoán XXIII) e a praza de Concepción Arenal. A celebración da batalla provocará cortes de tráfico na arteria principal da cidade, que estarán debidamente sinalizados e haberá Policía Local informando os condutores das alternativas nun e noutro sentido.

E, ao tempo que comeza a Batalla de Flores, abre as súas portas o Enofestival Ourense 2017, no Bulevar Termal -traseira das Burgas-, no que se fará promoción de viños ourensáns, contando coa presenza de seis adegas e colleiteiros, zona gastronómica mesturada con varias actuacións musicais, con grupos locais e unha formación “cabeza de cartel”, de ámbito estatal. As entradas custan 8€ no recinto, e os menores de 14 anos poden entrar gratis. Pódense mercar en ticketea.com, Trampitán e Peggy records.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.