Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación musical cunha das bandas máis populares e lonxevas do panorama rock nacional: Burning, que actuará o día 28 de xuño na Praza Maior. A lendaria banda de rock madrileña cumpridos xa os seus seus primeiros 40 anos de traxectoria chega a Ourense liderada por Johnny Burning (voz e teclado), con Kacho Casal na batería, Carlos Guardado no baixo e coros, Eduardo Pinilla na guitarra), Nico Álvarez na guitarra e coros, e Maykol Slingluff (no saxo), sempre a ritmo de rock & roll.

“Jim Dinamita”, “Esto es un atraco”, “Ginebra Seca”, “Mueve tus caderas” o “¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?” son algúns dos seus clásicos máis coñecidos, que interpretarán en Ourense, xunto con outros máis recentes, coma “Todo a cien”, “Bestia Azul” ou o tema que lle dá titulo á xira 2017 da banda, “Corre conmigo”.

Desde o mes de marzo, Burning está en ruta por España, actuando nas cidades de Valencia, Barcelona, Valladolid, Guadalajara, Santiago, Santander, Pamplona, Bilbao, Murcia e Granada.Burning conta con 15 discos editados (12 de estudio e 3 máis en directo), o último deles Vivo y salvaje, concerto homenaxe ao grupo polos seus 40 anos de traxectoria, gravado o día 9 de maio de 2015 no Pavillón dos Deportes de Madrid.

O concerto de Burning será o mércores 28 de xuño. Ás 22.30 horas actuará un grupo teloneiro, e a banda madrileña comezará en torno ás 23.30h.

Quinta confirmación do programa das Festas de Ourense 2017

O concerto de Burning é a quinta cita musical que se incorpora á programación das Festas de Ourense 2017, que organiza o Concello. Arrancarán coa actuación de Iván Ferreiro (24 de xuño, 22:30 horas, trala lectura do pregón na Praza Maior) dentro da xira que o artista vigués realiza para presentar as cancións do seu novo álbum, Casa (Warner Music, 2016).

O luns, 26 de xuño, á mesma hora, a Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda formada por Alberto Comesaña (ex líder de Semen Up e Amistades Peligrosas), Joaquín Padilla (cantante de Iguana Tango), Pablo Perea (La Trampa) e a cantante e actriz Chus Herránz, acompañados por unha excelente banda de 4 músicos do máximo nivel.

O día 30 de xuño será outra das citas máis populares, co trío Sweet California, no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com (5€ venta anticipada e 7€ en billeteira o día do concerto).

E o día 1 de xullo terá lugar o Enofestival Ourense 2017, de 20:30 a 0:30 horas no Bulevar Termal de As Burgas. O certame márcase como obxectivo promocionar a cultura do viño, contando coa presenza de adegas e colleiteiros/as da provincia de Ourense, cun perfil definido: viños auténticos, de "autor", e un elenco musical nesta terceira edición formado pola formación ourensá MCarballo Band, The Limboos e Arizona Baby.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.