Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración co Concello de Ourense, unha nova edición do Concerto das Letras Galegas que nesta ocasión viaxa á cidade auriense como homenaxe a Carlos Casares. A Real Filharmonía de Galicia e o Coro novo da Orquestra Sinfónica de Galicia interpretarán un programa integrado por música galega no que se vivirá a estrea absoluta da obra A formiga, do compositor Rubén Vizcaíno. A cita será o martes 16 de maio, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala, previa retirada de invitación no despacho de billetes do auditorio dende as 18:30 horas ata o inicio do concerto.

Dende hai sete anos o Consello da Cultura Galega pon música á festa do 17 de maio co seu xa tradicional Concerto das Letras Galegas, que se celebra nunha localidade vinculada ao autor homenaxeado pola Real Academia Galega. Nesta ocasión recala por primeira vez na cidade de Ourense onde o seu Auditorio Municipal acollerá, grazas á colaboración do Concello de Ourense, esta cita anual da música e da palabra.

A Real Filharmonía de Galicia acompañada polo Coro novo da Orquestra Sinfónica de Galicia e baixo a dirección de Maximino Zumalave interpretará a Alborada de Pascual Veiga, Lonxe da terriña de Xoán Montes, a Cantata das cantigas de Rogelio Groba e a Suite sobre cantos populares gallegos de Enrique Granados. A elas súmase a composición A formiga, elaborada por Rubén Vizcaíno a partir dun relato de Carlos Casares.

“A formiga esquiadora” forma parte d´A galiña azul, unha das primeiras obras do escritor que relata a épica das cousas pequenas e logra a máxima expresividade con medios intencionadamente limitados. Deste xeito, Ourense vivirá a estrea absoluta dunha das poucas obras musicadas de Carlos Casares, autor nacido e profundamente ligado a esta cidade e a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas. O concerto será dunha hora e media aproximada de duración e contará cun intermedio.

Para o remate, a coral Ruada de Ourense subirá tamén ao escenario para interpretar o himno galego. As entradas para o concerto son de carácter gratuíto e están a disposición das persoas interesadas no despacho de billetes do auditorio de Ourense dende as 18:30 horas ata o inicio do concerto.

Actos arredor do Día da Letras Galegas

Dous días despois do recital de Ourense, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela acollerá este Concerto das Letras Galegas para achegar ao público compostelán este repertorio de música galega da man, unha vez máis, da Real Filharmonía de Galicia co Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave. O evento terá lugar o vindeiro xoves, 18 de maio, ás 20:30 horas. A entrada é tamén gratuíta, previa retirada de invitación no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o propio xoves dende as 18:00 horas ata o inicio do recital. Estes concertos encádranse dentro das actividades previstas polo Consello da Cultura Galega para festexar o Día das Letras Galegas, entre as que tamén destaca a reedición da obra de Carlos Casares “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” e con ilustracións de Luís Seoane.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.