Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación co Enofestival Ourense 2017, que se celebrará o día 1 de xullo, de 20:30 a 00:30 horas no Bulevar Termal de As Burgas. O certame márcase como obxectivo promocionar a cultura do viño, contando coa presenza de adegas e colleiteiros/as da provincia de Ourense, cun perfil definido: viñosauténticos, de "autor", deses que "namoran" ao consumidor, que priman o respecto ao viñedo e utilizan os métodos máis tradicionais, apoiados nas novas tecnoloxías.

Para buscar unha "maridaxe" perfecta, festiva e atractiva, a gastronomía estará presente con propostas locais "km 0". A música será tamén fío condutor do evento, en formato festival, con 3 grupos enmarcados no estilo pop-rock actual.

Esta terceira edición do Enofestival Ourense volve apostar polo Bulevar Termal de As Burgas, un lugar emblemático da cidade, cun recinto axardinado idóneo para a celebración de eventos de pequeno formato. O elenco musical da edición 2017 sobe enteiros, coa presenza de importantes bandas do panorama nacional.

MCarballo Band será a representación ourensá. Un grupo consolidado co guitarrista Manuel Carballo como maior referencia. Seguiranlle no escenario The Limboos, un dos grupos máis importantes do Rhythm and Blues na escena nacional. Banda emerxente, chamada a ocupar un lugar destacado nos vindeiros anos.

E como colofón, Arizona Baby, banda cun estilo pop-country característico, que triunfa xa en toda España, tras unha sólida traxectoria de 14 anos e 4 discos editados. Formada por Javier Vielba (voz e guitarra), Rubén Marrón (guitarra) e Guillermo Aragón (batería e percusións), músicos que compatibilizan a banda con proxectos en solitario e a colaboración con outro referente como son Los Coronas nun proxecto paralelo: Corizonas.

A banda de Valladolid, é unha presenza habitual nos mellores festivais pop-rock nacionais, ven darlle un salto de calidade a esta terceira edición del festival.

Para acompañar a música, estarán presentes 6 bodegas das denominacións de orixe de Ourense, que ofrecerán os seus viños ás persoas asistentes. Tamén haberá unha zona de gastronomía, e venderanse bebidas sen alcol.

O evento ten aforo limitado, para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes. En próximas datas presentarase o cartel oficial da edición 2017, e comezará la venta de entradas, tanto online como en puntos físicos na cidade: 6 euros anticipada (gastos de distribución) e 8 euros na billeteira.

Citas con Iván Ferreiro e Sweet California

Esta é a terceira confirmación k musical do programa das Festas de Ourense que organiza o Concello de Ourense, que arrancarán coa actuación de Iván Ferreiro (24 de xuño, 22:30 horas, trala lectura do pregón na Praza Maior) que dará inicio ás Festas, dentro da xira que o artista vigués realiza para presentar as cancións do seu novo álbum, Casa(Warner Music, 2016).

Outra das citas máis populares será co trío Sweet California, o 30 de xuño no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com (5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).

Autorización para menores

A día de hoxe xa van 480 entradas vendidas para este concerto, ao que poderán asistir menores de idade, sempre que os seus pais o autoricen. O documento de autorización xa se pode descargar en ticketea, na web ourensecultura.com e na propia billeteira do concerto

Menores de 0 a 12 anos, poderán acceder adquirindo a entranda, cubrindo o formulario e acompañdos polos pais, nais ou titores/as. Menores de idade de entre 13 e 17 anospoderán acceder adquirindo entrada nas mesmas condicións que as persoas adultas, sen necesidade de ir acompañados/as, pero tamén terán que cubrir e entregar este documento nos accesos ao recinto.

Sweet California leva publicados tes álbums que acumulan éxito tras éxito nas listas de vendas, discos de ouro e platino, con máis de 100.00 copias vendidas, que converten a este grupo pop feminino nun dos maiores fenómenos musicais da actualidade no noso país.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.