Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A décima edición do Festival “Pórtico do Paraíso” encherá, unha vez máis, de música clásica a provincia de Ourense do día 3 ao 12 de marzo, cun programa con concertos a cargo de agrupacións non só de Galicia e España, senón tamén chegadas de lugares como Inglaterra, Hungría, Palestina, República Checa ou Francia.

A presentación desta cita cultural tivo lugar no Pazo Provincial, nun acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; a vicepresidenta de Festclasica, Valentina Granados; o director do Festival, Enrique Miguéns; e os alcaldes de Xunqueira de Ambía e de Esgos, José Luis Gavilanes e Mario Rodríguez, respectivamente.

A concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias, quen agradeceu a colaboración doutras administracións, como é o caso da Deputación e da Xunta, a través da AGADIC, afirmou que “estamos ante a décima edición deste Festival internacional que ao longo deste tempo sitúa a Ourense no mapa internacional da música de cámara”, e engadiu, “a cultura contribúe a conformar unha personalidade rica e plural, crítica e solidaria á vez”.

Mentres, Jacobo Sutil afirmou que a Xunta de Galicia renova o seu apoio a este Festival que combina “a programación de concertos de calidade en espazos de beleza arquitectónica e que estende o seu programa a toda a provincia de Ourense. Trátase dun Festival que consegue difundir a música culta entre todos os galegos”.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, lembrou que desde o ano pasado, abriuse o Festival ao resto da provincia, polo que se poderá gozar desta actividade en dous lugares emblemáticos de Ourense, como son Santa María a Real en Xunqueira de Ambía e San Pedro de Rocas en Esgos. Ambos lugares de gran tradición musical e de alto valor patrimonial achegando un atractivo engadido ao Festival. Así mesmo, iniciativas como este Festival “amplían a oferta cultural e de ocio e, contribúen á difusión e promoción da nosa provincia”, engadiu o vicepresidente do goberno provincial.

Nesta décima edición “quixemos facer un Festival de reencontro e ter de novo a artistas que xa participaron en anteriores edicións, de feito cinco dos sete concertos previstos, son de artistas que volven a estar aquí con outros programas e outras agrupacións”, explicou Enrique Miguéns, quen detallou a programación para eses días nos que Ourense se converterá na capital da música clásica de Galicia. “Trátase dun programa que ofrece concertos de gran calidade e que se completa con Encontros de artistas no Conservatorio”, engadiu o director do Festival.

“En canto ás entradas serán de balde para todos os concertos, a excepción do que terá lugar no Teatro Principal. Na pasada edición acudiron ao Festival 2.400 persoas”, afirmou Enrique Miguéns.

Pola súa parte, Valentina Granados da Asociación Española de Festivais de Música Clásica, sinalou a importancia de manter este tipo de actividades porque “a música enriquécenos a todos”. Asemade destacou como valores desta iniciativa cultural “a súa traxectoria de calidade, coherente, sensata e creativa, a implicación da sociedade a través da Asociación Pórtico Musical, así como o apoio das institucións para desenvolver esta iniciativa”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.