Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu a presentación da quinta edición do Torneo de 'Mágic' e Vídeoxogos (TMV), un evento de lecer alternativo que terá lugar no Espazo Lusquiños os días 7, 21 e 28 de outubro en horario ao público de 10:30 a 22:00 horas. O torneo congregará máis de 300 participantes de todo o país, e servirá de enlace para outros torneos máis prestixiosos, segundo as previsións de Alberto Nuñez Blanco e José María Miguel Martín, organizadores do evento, que ven neste TMV “unha magnífica oportunidade para facer comunidade”.

 

“Dende a Concellería de Xuventude nunca dubidamos do total acerto que supón a organización dun evento con estas características, e que non só suporá un magnífico aliado para promover a cidade, senón un punto de encontro e de referencia con vocación de continuidade, para todos os afeccionados ao Magic e aos videoxogos deste país”, apuntaba a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy.

No tocante aos torneos competitivos, o torneo de Magic será a principal referencia, este ano no formato Modern. Repartiranse 1.500 euros en premios, converténdose así nun dos mellores torneos da península, e agárdase que asistan, coma en anteriores edicións, que acudan xogadores procedentes de toda España e de Portugal. Na parte dos videoxogos, o FIFA 18 será o torneo competitivo máis importante, o xogo de simulación futbolística por excelencia. Repartiranse 500 euros en premios.

Star Wars. O xogo de taboleiro de miniaturas das naves máis coñecidas de Star Wars será outro ano máis un dos torneos con maior número de adeptos: os duelos épicos entre o Falcón Milenario e o infame Escravo Un de Boba Fett, ou Luke Skywalker no seu X-Wing contra o seu pai Darth Vader no seu Tie Advance... X-Wing está baseado en batallas intergalácticas entre as naves do imperio e os rebeldes do mundo de Star Wars, o obxectivo neste apaixonante xogo de estratexia é dirixir, mover e preparar as naves para derrotar o teu rival. Nesta modalidade haberá premios de 300 euros para os mellores participantes.

Asetto Corsa. A gran novidade deste ano é a inclusión do torneo de Assetto Corsa na plataforma PS4. Para disputar este campionato de simulación automobilística utilizaranse asentos especiais para vídeoxogos con volantes G29 para darlle maior realismo e emoción ás carreiras. O premio destinado para este torneo ascende a 200€

Como colofón final, e aproveitando o V aniversario de TMV, por primeira vez os torneos de videoxogos e X-Wing serán de balde.

Toda a información, normativa e horarios detallados, están dispoñibles no facebook: tmvourense

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.