Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Centro Municipal de Coñecemento la Molinera acollerá durante esta semana novas actividades de divulgación centradas nos aspectos legais de Internet, a plataforma dixital Activation Code e a busca de emprego a través do móbil. As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto a través da páxina web www.lamolinera.net. O centro municipal acollerá tamén o xoves “Happy Day, Down Ourense", acto de concienciación da inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

 Desde o mércores 24 de maio, ata o venres, 26 de maio, de 9:30 a 11:30, a Aula CeMIT será sé do curso sobre “Aspectos legais en Internet”, dirixido a empresarios e emprendedores, que ofrecerá orientación para a contratación e creación da páxina web dunha empresa. O curso é considerado de nivel medio e ten 6 horas de duración, e forma parte da programación da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT),

Activation Code

O xoves, día 25, La Molinera acollerá a presentación da plataforma dixital Activación Code, de 10:30 a 14:00 horas.

Activation Code é a aposta de Polygon-e coa colaboración dos seus socios par afacer chegar os usuarios os mellores cursos e obradoiros que lles permitan ter unha formación nos campos máis vangardistas do momento a través da comercialización de actividades que se axusten aos perfís máis demandados que non contan coa axeitada cobertura dentro dos planes de formación actuais.

A xornada contará coa participarán Raquel Pérez (voceiro de Activation Code), e o xerente de Igape Nova, Guillermo Vila, realizarase un percorrido con demostracións en directo, e unha sesión de traballo conxunto.

Happy Day, Down Ourense

Down Ourense e a Fundación Vodafone organizarán, tamén o xoves ás 12:00 horas, “Happy Day, Down Ourense", acto de concienciación da inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual. O obxectivo do evento é mostrar a empresarios e á sociedade os beneficios da inserción laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual a través dos programas de formación e emprego da asociación Down Ourense, co apoio da Fundación Vodafone España.

O acto contará coa participación de usuarios, que contarán as súas experiencias en primeira persoa, de empresarios, que comproban diariamente as vantaxes sociais e produtivas destas persoas con discapacidade, así como responsables da entidade Down Ourense e a Fundación Vodafone.

Xoves inspiradores

Tamén o xoves (18:30 a 20:00h), dentro do programa Xoves Inspiradores, terá lugar a ultima das catro sesións do obradoiro de busca activa emprego a través do móbil do proxecto “Desmárcate”, que pretende incidir en competencias como a marca persoal, a técnica de elevator pitch e recursos de busca activa de emprego a través das novas tecnoloxías, co obxectivo de ter un impacto inmediato. Esta sesión será impartida por Alba Moretón

A programación desta semana do Centro de Coñecemento inclúe tamén a exposición Augas Quentes, o obradoiro de educación emocional para a mocidade La Akademia, e o curso Arduino, un paso más (os dous hoxe), os obradoiros para nenos “Arquimakers II” (mércores), e Re - creando (Novas tecnoloxías aplicadas ao arte) (venres), e o Obradoiro de asesoramento de proxectos (robótica e arduino) para adultos, tamén os venres.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.