Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera reforza durante o mes de marzo a súa aposta pola promoción das novas ferramentas tecnolóxicas ao servizo do emprendemento e a creatividade. Serán en total 8 obradoiros formativos para adultos, dous infantís, 6 novas citas coa actividade “Xoves inspiradores” sobre debate e redes sociais, e unha actividade moi especial: o Demo day na que mozos emprendedores presentarán os seus proxectos.

 

Programación

Dentro da programación da Aula da Rede CeMIT (Centros para la Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) de La Molinera impartiranse ao longo do mes de marzo 7 obradoiros, nos que os participantes familiarizaranse con programas útiles para crear blogs, realizar publicidade en Internet ou monitorizar o tráfico dunha páxina web, tomarán contacto co deseño vectorial, o corte láser e a robótica, e recibirán asesoramento para desenvolver proxectos. Concretamente:

  1. Creación do teu blog con Wordpress: do 6 ao 10, de 9,30 a 11,30 horas
  2. Consegue clientes con Google AdWords: do 13 ao 21, de 9,10 a 11,30 horas
  3. Quen visita o teu blog: Google Analytics: do 27 ao 31, de 9,30 a 11,30 horas
  4. Deseño vectorial e corte láser: os mércores (8 a 29) de 18 a 20 horas
  5. Electrónica básica para robótica: os martes (14 a 298) de 16 a 18 horas
  6. Introdución ao Arduino: martes 21 e 28, de 18 a 20 horas
  7. Asesoramento de proxectos: venres 17 a 31 de 18 a 20 horas

 

Para os máis cativos, continuarán durante o mes de marzo dous obradoiros educacionais:

  1. Arquimakers-Kids: Crear para pensar, os mércores de 18 a 19:30 horas. para nenos de 8 a 11 anos
  2. Team Makers Kids: Robótica, App… Os venres, de 18,30 a 20 horas, para nenos de 18,30 a 20,00

 

As comunicacións será eixo do programa Xoves inspiradores, con 2 propostas:

  1. Obradoiro de argumentación e debate, que imparte Aida González, campioa do mundo 2016 de debate universitario en español (os xoves 9 e 23, de 19 a 20,30 horas
  2. Obradoiros sobre Redes sociais; os días 2, 16 e 30. “Influencers & Redes” é unha serie de eventos aos que asisten algúns dos mellores expertos ourensáns en cada rede social para dar consellos de utilidade baseados na súa experiencia para aplicalo aos nosos perfís persoais ou empresariais. O día 2 estará adicado a Twitter

 

Unhas das actividades máis destacadas do mes será a Demo Day, dentro do proxecto coworking da Escola de Organización Industrial EOI. Nunha data que proximamente se concretará, os mozos emprendedores que participan neste programa exporán, debaterán e defenderán os seus proxectos.

Continuará o obradoiro de Educación emocional Akademia, os martes, de 16,30 a 19,30 horas, realizarase un obradoiro de fotografía incluído na programación da Universidade Popular do Concello de Ourense, que se realizará os martes e xoves de 11,30 a 13,30 horas.

Finalmente, o centro municipal recibirá a visita de escolares do CEIP Valeixe (A Cañiza) que se achegarán a La Molinera o martes, 28 de ,marzo, para coñecer o pensamento creativo e as impresoras 3D.

 

Inscrición

As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web www.lamolinera.net, ou solicitar máis información no centro municipal sito na rúa Abrevadeiro, número 1. Teléfono: 988.37.45.23

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.