Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A catro días para o inicio das Festas de Ourense (24 de xuño ao 2 de xullo), o alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, debullaron polo miúdo o programa dunhas festas atravesadas pola música, que empezará a soar logo do mediodía cos grupos de animación de rúa e seguirán con citas e escenarios para non perderse: “Ás 20:30 horas na praza de San martiño, ás 21:00 horas na Praza do Ferro, ás 22:30 horas na Praza Maior –coas consabidas limitacións de aforo até as 3.500 persoas por motivos de seguridade- e, pasada a media noite, as verbenas na rúa do Progreso á altura da Alameda”, resumía Vázquez Abad.

Ademais, haberá música no Street Foud, durante todas as festas na praza de Bispo Cesáreo, e no III Enofestival na traseira das Burgas. Música para todas as sensibilidades e actividades para todas as idades coma o Espazo Bebés, un lugar de experimentación e xogo libre a cargo da compañía Picapau que estará emprazado nos Xardíns do Padre Feijóo, que terá un aforo limitado (80 nenos e nenas) con idades recomendadas de 0 a 8 anos. O espazo do teatro na rúa estará localizado na Alameda, pero tamén haberá actividades escénicas na Sala Valente, para a Música e a Poesía na Praza de San Martiño.

Os ourensáns poderán visitar o Museo Municipal coa exposición Tempo, de Isabell Seidel, e os espazos expositivos de Arturo Baltar, o Claustro, e o Auditorio, no que tamén se poderá gozar do teatro. “Transformaremos o casco histórico, un ano máis, nun centro medieval co mercado, e non faltará a pirotecnia a cargo da empresa local Josman nas marxes do río Miño”, dixo.

Batalla de Flores

A Batalla de Flores quere recuperar este ano o espírito tradicional e, como novidade, modificará o seu percorrido: “Sairá da parte baixa da Alameda cara ao progreso e realizará un percorrido circular dando volta en Alférez Provisional”, puntualizaba a concelleira Belén Iglesias. Recupérase así a esencia da Batalla das flores, que era unha das actividades máis queridas das festas do Corpus.

Finalmente, o alcalde fixo un chamamento ao “sentido común, paciencia, pois estamos en festas e as festas son días de celebración e que utilicemos itinerarios que non discorran polo centro cidade sempre que sexa posible, ou alternativas coma o transporte urbano, que tamén estará debidamente sinalizado nos tramos que se vexan afectados pola celebración das festas”.

Máis información

Programa das festas de Ourense (pdf)

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.