Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense vén de aprobar, en xunta de goberno local, o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, unha banda de música para o Concello de Ourense. Na mesma reunión aprobáronse tamén as cláusulas administrativas e técnicas do prego, declarando que o contrato ten un importe global de 240.000 euros por ano, IVE incluído. As anualidades fixadas son de 170.000 euros para este ano, 240.000 euros para o ano 2018 e 70.000 euros para o ano 2019.

O contrato quedara deserto no mes de outubro, segundo explicaba en rolda de prensa Flora Moure, actuando como secretaria da xunta de goberno local, “excluíndo a única licitadora por non cumprir coas condicións de solvencia esixidas no art.10 do prego técnico”. Os motivos do rexeitamento foran o “non alcanzar a acreditación de cinco anos de experiencia en traballos semellantes do 80% dos músicos, segundo un informe técnico no que se pon de manifesto que algúns deles perciben remuneración e outros non e en diferentes anos”, explicaba. O informe técnico de Cultura sinalaba que a certificación da propia asociación resultaba insuficiente para a acreditación deste requisito.

Tamén no capítulo de Contratación, a xunta de goberno deulle luz verde á adxudicación, mediante procedemento aberto do servizo de mantemento do xestor de bases de datos Oracle por un importe de 8.663,,60 euros IVE incluído. Ademais destes dous, abordáronse outros 12 expedientes:

Asesoría xurídica

Dos catro asuntos que tivo coñecemento a xunta de goberno local, un foi o persoamento, en calidade de demandado, ante do Xulgado do Contencioso-Administrativo n.1 de Ourense polo procedemento ordinario interposto por José Ángel Vázquez Barqueiro, concelleiro do grupo municipal do PsdeG-PSOE, fronte ás bases da convocatoria realizada polo Concello para prover os postos das Xefaturas de Servizo.

Os outros tres asuntos correspóndense con sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A primeira é da Sala do Social, confirmando a sentenza de primeira instancia (do Xulgado do Social nº4) que condena o Concello a abonar 569,17 euros por diferenzas salariais e 601 euros en concepto de honorarios de letrado a un traballador municipal, un arquitecto de Urbanismo contratado a través dunha asistencia técnica que, posteriormente e por sentenza xudicial, foi declarado persoal indefinido non fixo.

Tamén se tivo coñecemento dunha sentenza que confirma o auto de primeira instancia que denegaba a apertura do centro de saúde do Couto. “Como saben, o Concello denegoulle no seu día a licenza de ocupación ao centro de saúde”, explicaba a concelleira Flora Moure. “O Servizo Galego de Saúde recorreu o acordo, e o Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Ourense desestimou o seu recurso. O Sergas recorreu entón ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e este desestima tamén o seu recurso, na sentenza que hoxe coñecemos”, dixo.

Por último, o TSXG aceptou o incidente de inexecución de sentenza presentado polo Concello en relación aos terreos expropiados no seu día para a construción do edificio xudicial do Couto. Esta figura xurídica foi presentada polo Concello ao non ser posible a restitución in natura -”isto é, nas condicións previas da parcela no seu día expropiada”-. O Tribunal aceptouno fixa agora en 323.468,36 euros a contía da indemnización substitutoria a percibir polo propietario dos terreos.

Licenzas

Dúas de apertura, ambas as concedidas: para unha tenda de informática na Carballeira e para adaptar un local para Centro de Día e apertura por actuación comunicada na avenida Otero Pedrayo.

Disciplina Urbanística

Por unha banda, solicitóuselle a unha particular que no prazo dun mes proceda a presentar un proxecto técnico de demolición dunhas obras realizadas sen licenza e, do mesmo xeito, que no prazo dun mes, e unha vez presentado o proxecto técnico, proceda á demolición. O segundo asunto foi a imposición dunha multa coercitiva de 1.000 euros a unha particular que incumpriu a orde de demolición dunhas obras de cubrición parcial dunha terraza sen a correspondente licenza.

Patrimonio

Deuse cumprimento a unha sentenza do 7 de novembro no que se lle recoñecía a un particular o dereito para percibir 8.079,01 euros en concepto de indemnización por responsabilidade patrimonial como consecuencia de danos por filtracións ocasionados nun garaxeda rúa Valle Inclán con Celso Emilio Ferreiro.

Persoal

Desestimáronse dous recursos de reposición de dous traballadores municipais que solicitaban unha maior categoría da que reflicte a ficha das súas respectivas prazas.

Comercio

Finalmente, desestimouse a solicitude de fraccionar o pago da concesión da explotación da cafetería do Parque Barbaña porque nin o prego -que é a lei do contrato- nin o propio contrato prevén tal posibilidade”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.