Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Universidade Popular do Concello de Ourense baterá este curso o seu récord, con máis de 3.000 alumnos matriculados. Con esta cifra, a matriculación increméntase en 105 persoas, case un 4% máis dos que xa o estaban matriculados o pasado curso, e un 8% máis respecto dos matriculados dous cursos atrás, cantidade que aumentará en canto comecen os 12 cursos restantes, que será cando se superen os 3.000 inscritos por vez primeira. Este curso ofértanse ademais 13 cursos máis que no pasado exercicio (foran 107 no curso 2014-15, 114 o pasado ano -un 6% máis- e 127 este último curso – un 18% máis-)

Na Xunta de Goberno Local do 23 de marzo aprobáronse un total de 23 asuntos achegados polas diferentes concellerías e servizos municipais, así como un informe de xestión relativo á Universidade Popular, no que se sinala que durante este presente curso se baterá o récord de máis de 3.000 alumnos nesta iniciativa formativa do Concello de Ourense, cifra nunca antes acadada na historia da Universidade Popular.

Avogacía consistorial.

Un persoamento do Concello en calidade de demandado nun preito interposto por unha particular debido a danos no seu vehículo ocasionados pola activación dun bolardo. A maiores, tres sentencias:

  • A primeira sentencia, ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Ourense, estima a reclamación dun particular que reclama unha indemnización de 466,83 € polos danos no seu vehículo, aparcado fronte ao claustro de San Francisco, logo de que lle caese unha póla encima. A sentencia obriga ao Concello a pagarlle dita cantidade máis a suba do IPC desde a data de presentación (maio 2015).
  • A segunda sentencia foi ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e trátase dunha reclamación dunha construtora por responsabilidade patrimonial derivada da caída do PXOM de 2003. A solicitude de 145.228,37 euros é desestimada polo tribunal que, novamente, lle dá a razón ao Concello nesta causa.
  • A última das sentencias, do Contencioso-Administrativo nº1 de Ourense, dá conta dunha liquidación de plusvalías solicitada por un particular polo incremento do valor dos terreos de Natureza Urbana. O xulgado dita sentenza firme quitándolle a razón e obrigándoo a pagar os custes do proceso.

No que respecta ao apartado de LICENCIAS, foron cinco os asuntos aprobados: a licencia concedida á Xunta de Galicia para as obras de cubrición do patio no Centro de Educación Especial O Pino (proxecto de 42.008,49 euros); unha licencia para rehabilitar unha vivenda en Cabeza de Vaca; licencia tamén para instalar un ascensor nun edificio en Benito Fernández Alonso; e dúas licencias para remodelar /rehabilitar senllas vivendas en A Lonia e na rúa Fontelo, respectivamente.

No tocante a APERTURAS, concedeuse 1 licencia de obra para actividade de restaurante en Celso Emilio Ferreiro.

Pasando xa ao apartado de DISCIPLINA, foron dous os asuntos aprobados: sanción de 150 euros por colocación ilegal de carteis en mobiliario urbano e incoar expediente sancionador a unha asociación, tamén pola colocación ilegal de carteis en fachadas.

En PATRIMONIO, tres foron os asuntos aprobados: unha reclamación por responsabilidade patrimonial por danos nun vehículo. A inadmisión vén dada porque estes feitos ocorreron en vía da que o Concello de Ourense non é titular.

Tamén desestimouse unha solicitude formulada por un particular para modificar unha descrición catastral dunha parcela.

O último asunto deste apartado consistiu en estimar unha solicitude dunha particular que reclamaba a titularidade dun terreo en O Pino e así o certificou para que constase aos efectos oportunos. Procederase a dar de baixa do inventario municipal, pois, a vía denominada canella A Razoa.

Concellería de Asuntos Sociais.

Aprobáronse as bases xerais reguladoras de:

  • subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de Servizos Sociais,
  • así como tamén para axudas de libros de texto, material escolar e comedor escolar do Concello de Ourense.

Polo de agora, non hai datas ata que se aprobe a convocatoria. O proceso segue un camiño, e o primeiro paso está dado, que é o de aprobar as bases. A contía da liña de axudas estará estipulada na propia convocatoria.

Concellería de Cultura

Aprobáronse as bases das convocatorias de:

  • VIII (8º) Certame de Cinema OUFF Escola 2017, dotado con 2.600 euros.
  • Concurso para o deseño do cartel dos Maios 2017 (dotado con 800 euros).
  • Concurso de Maios e Coplas 2017 (11.000 euros).

Concellería de Emprego

O penúltimo asunto da orde do día consistiu na concesión de prórroga excepcional dun niño do Viveiro de Empresas do Centro de Iniciativas Empresariais. A prórroga será por 12 meses.

Concellería de Turismo e Termalismo

Na concellería de Turismo e Termalismo aprobáronse as bases reguladoras da 6ª edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2017.

Esta é xa a 6ª edición do concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera. Este ano terá lugar do 27 de abril ao 7 de maio, coincidindo para o seu remate cos Maios, Festa de Interese Turístico de Galicia.

Como cada primavera, o requisito imprescindible para participar é que os pinchos estean elaborados con materias primas frescas e de tempada, de produción integrada ou ecolóxica, buscando potenciar así os produtos locais. O importe máximo dos pinchos será, coma noutras ocasións, 2,50 €.

Os hostaleiros que queiran participar teñen ata o 3 de abril para inscribirse, achegando o formulario debidamente cuberto e un xustificante de pagamento da cota de inscrición. As bases estarán dispoñibles no web de Sabores de Ourense, dentro da páxina web www.turismodeourense.gal.

Fóra da orde do día

Na Xunta de Goberno Local púxose sobre a mesa un informe de xestión no que respecta á Universidade Popular do Concello de Ourense, o programa municipal educativo para a poboación adulta. Trátase dun proxecto de desenvolvemento cultural no municipio elaborado pola Concellería de Educación, unha institución aberta a todos os cidadáns en relación coas necesidades e intereses dos mesmos, as opinións dos participantes, así como os métodos e formas de traballo máis axeitadas para garantir unha aprendizaxe activa e creativa, que busca promover a participación social e educación continua como canles para mellorar a calidade de vida.

Neste curso 2016/17, a Universidade Popular baterá o récord nunca antes alcanzado de máis de 3.000 alumnos. Para as 127 accións formativas ofertadas, hai un total de 3.131 solicitudes. A día de hoxe, están matriculados 2.806 alumnos, a falta de que comecen 12 cursos.

Con esta cifra, a matriculación increméntase en 105 persoas, case un 4% máis dos que xa o estaban matriculados o pasado curso, e un 8% máis respecto dos matriculados dous cursos atrás, cantidade que aumentará en canto comecen os 12 cursos restantes, que será cando se superen os 3.000 inscritos por vez primeira.

Este curso ofértanse ademais 13 cursos máis que no pasado exercicio (foran 107 no curso 2014-15, 114 o pasado ano -un 6% máis- e 127 este último curso – un 18% máis-).

Os cursos máis demandados, e nos que antes se cubriron as prazas, foron os de inglés, técnica fotográfica, fotografía nocturna, cociña vexetariana, tapas e pinchos, risoterapia, ioga, ximnasia hipopresiva, método pilates, poda, educador ambiental (online), artesanía en coiro e restauración de mobles.

Todos os alumnos, ao remate de cada acción formativa, avalían o curso ao que asistiron e establécese o perfil dos asistentes. Así, ao remate do curso elaborarase a Memoria Anual.

Cada ano elabórase unha memoria anual coa fin de avaliar todas as accións formativas. Froito dela, fíxanse os perfís do alumnado e as súas preferencias, o que orienta ao Concello para a oferta e a convocatoria de anos vindeiros.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.