Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Un total de 1.506 edificios sitos na cidade e perímetro rural terán a obriga este ano de realizar a inspección técnica de edificios (ITE). O Concello de Ourense, a través do Servizo de Urbanismo, expón ao público o listado de inmobles, que se pode consultar nas oficinas administrativas da ITE, na sede da Concellería de Urbanismo (na rúa García Mosquera, 19), ou na páxina web do Concello.

Esa exposición ten a consideración de notificación para os interesados, e conleva a obriga de realizar a correspondente inspección no transcurso do ano 2017. No caso de incumprimento será considerado como infracción urbanística sancionable segundo os termos da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia.

Con esta exposición o Concello avanza no fomento da conservación das edificacións construídas na cidade en termos de seguridade, prevención da degradación de contornas urbanas e incentivo da rehabilitación.

A propia ordenanza explica que o deber de conservación é unha manifestación inequívoca da función social que ten o dereito de propiedade urbanística porque as razóns de seguridade e de salubridade, e ata de ornato público, son valores sociais indubidables, polo que a acreditación do cumprimento do deber de conservación deriva naturalmente daquela función social.

Así, no marco dunha necesaria cultura da rehabilitación e mantemento, a inspección periódica ou técnica das edificacións (ITE), confígurase como un instrumento de tutela preventiva idóneo para potenciar o papel que a conservación debe xogar no mantemento da cidade e para evitar a progresiva degradación do patrimonio edificado, o deterioro urbanístico e social de determinadas áreas e a perda de identidade urbana asociada.

Calendario anual

O calendario para a realización das inspeccións técnicas de edificios é o establecido por acordo do Pleno do Concello, de 7 de xuño de 2013, no que se aprobou definitivamente a modificación da ordenanza municipal reguladora do deber de conservación, da inspección técnica de edificacións e da declaración de ruína do Concello de Ourense, que determinou os seguintes prazos:

Os edificios anteriores ó ano 1910, inclusive, e catalogados, con carácter voluntario durante o ano 2012 e xa, de forma obrigatoria ata o 31/12/2013.

  • Edificios entre 1911 e 1950, ambos inclusive, ata o 31/12/2014
  • Edificios entre 1951 e 1965, ambos inclusive, ata o 31/12/2015
  • Edificios entre 1966 e 1975, ambos inclusive, ata o 31/12/2016
  • Edificios entre 1976 e 1980, ambos inclusive, ata o 31/12/2017
  • Edificios entre 1981 e 1986, ambos inclusive, ata o 31/12/2018
  • Edificios posteriores a 1987, ambos inclusive, durante 2019.

Obrigas dos propietarios

A ordenanza municipal establece a obriga formal dos propietarios de edificacións de acreditar o cumprimento do deber de conservación imposto pola

normativa urbanística e a propia Ordenanza mediante a obtención dun informe de inspección técnica da edificación expedido por técnico competente, co contido, na forma e nos prazos sinalados nela.

A obriga alcanza a todos os propietarios, persoas físicas ou xurídicas, titulares de calquera tipo de edificacións situadas non termo municipal de Ourense, con independencia do seu uso ou destino, agás as declaradas en situación de ruína ou sometidas a expediente contraditorio de ruína mentres non exista resolución firme.

O informe expresará se a edificación reúne as condicións básicas de seguridade, estabilidade, estanquidade e consolidación estruturais, así como as de habitabilidade nas que debe manterse en función do seu uso.

O propietario da edificación deberá acompañar o informe coa correspondente ficha técnica de edificacións, na que se detallarán os datos urbanísticos e arquitectónicos, réxime de ocupación e de propiedade da leira, conforme ao modelo oficial aprobado.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.