Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense será o primeiro de Galicia en sumarse á iniciativa “Doing Business”, programa deseñado para favorecer a captación de investimentos empresariais. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, adiantaba  en rolda de prensa a solicitude de adhesión ao convenio marco para a captación de investimentos asinado pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provinciais o pasado 10 de outubro. “O Concello Doing Business ofrecerá máis incentivos fiscais, simplificación administrativa e facilidades de acceso a solo empresarial para empresas de nova creación na cidade”, dixo.

Entre os incentivos están a bonificación de ata o 95% (cando se creen máis de 20 empregos; de ata o 75% cando se creen entre 11 e 20 empregos; e como mínimo do 50% pola creación de ata 10 empregos) no IBI, IAE e ICIO a aqueles proxectos que impliquen nova implantación, sempre e cando garantan a creación de emprego. Non suporá decrecemento dos ingresos do Concello, xa que se primará ás novas empresas.

Tampouco esixirá o Concello taxa por licencia de obra e apertura en todos os proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes, que conleven a creación de novos postos de traballo. Ademais, a concesión das licencias de obra maior terán un prazo máximo de 30 días naturais desde que o Concello dispoña de todos os informes. Con respecto ao solo empresarial, fixaranse prezos competitivos establecendo bonificacións e incorporará a súa oferta o dereito de superficie.

Ao mesmo tempo, e de acordo co convenio marco, co Concello de Ourense adherido a este plan, beneficiarase das medidas que a Xunta poña en marcha para apoiar o tecido empresarial. É dicir: naquelas axudas autonómicas destinadas a impulsar a industria, o emprego ou o emprendemento, o Concello de Ourense terá preferencia cando as convocatorias sexan en réxime de concorrencia competitiva.

“En definitiva”, resumía Vázquez Abad, “perseguimos consolidar a mellora económica xeral atraendo novas empresas, investimentos e emprendedores e, polo tanto, máis emprego, con máis incentivos fiscais, menos 'papeleo' administrativo e unha oferta de solo industrial coas mellores condicións”.

Así mesmo, o rexedor peneirou os 23 asuntos achegados polas diferentes concellerías e servizos municipais na xunta de goberno local celebrada hoxe.

Avogacía Consistorial. Tres personamentos e unha sentencia. O primeiro dos persoamentos, ante o Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, refírese a unha sanción de tráfico por estacionar en zona ORA sen tíquet; o segundo, no mesmo xulgado, por un asunto de persoal; e o terceiro persoamento é como perxudicado por un delito de furto.

A sentenza é do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense, e estima parcialmente a reclamación de responsabilidade patrimonial dunha veciña de Ourense que reclamaba 2.100 euros polos danos sufridos logo de caer na rúa Cardenal Quevedo. A sentenza recoñécelle o dereito a percibir unha indemnización de 200 euros.

Licencias. Concedéronse catro licencias para a segregación dunha finca en Demadoiro (Canedo), para a instalación de senllos ascensores en edificios das rúas Ervedelo e Alfonso Alcaraz (Vistahermosa), e para unha reforma de acceso a un edificio na rúa Progreso.

Tamén se lle concedeu á Confederación Hidrográfica Miño-Sil licencia urbanística de obra para proxecto básico e de execución de adaptación para oficinas da planta segunda do edificio da Subdelegación do Goberno.

Disciplina urbanística. Tratáronse oito asuntos, dos que seis foron para incoar expedientes sancionadores por colocación ilegal de carteis en fachadas. Os outros dous asuntos foron: desestimar un recurso de reposición contra unha denuncia por instalación de porta de garaxe, e aprobar a liquidación definitiva dos gastos de execución material da demolición dunhas obras ilegais, xa que foron aboadas pola persoa que estaba obrigada a realizalas (e non polo Concello, malia que estaba reservado o crédito para elo).

Patrimonio. Por unha banda, desestimouse a reclamación de responsabilidade patrimonial dun participar por danos causados no seu vehículo tras chocar contra unha barra protectora dos colectores de lixo en Doutor Fléming. Por outra banda, estimouse a reclamación patrimonial presentada por un particular, tamén polos danos no seu vehículo, como consecuencia da caída dun transformador dun farol do alumeado público.

Contratación. Aprobouse o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, do servizo de interpretación artística da Banda Municipal. En primeiro lugar, considérase retirada a oferta presentada pola Asociación Cultural Banda de Música de Ourense, por non presentar a documentación solicitada unha vez realizada a ordenación decrecente das ofertas presentadas. Excluída, pois, a licitadora que mellor puntuación tiña, requíreselle agora á Asociación Cultural Ricardo Courtier para que no prazo de 10 días hábiles presente a documentación requerida polo Concello.

O segundo asunto deste apartado foi desestimar integramente o recurso de reposición presentado por Aspanas Termal SLU contra o acordo da Xunta de Goberno de 20 de xullo de 2017 polo que se acordou resolver o contrato asinado polo Concello o 15 de maio de 2009, no que se lle adxudicara a concesión da xestión do servizo público de conservación, mantemento e explotación do cámping de Untes.

Medio Ambiente. Aprobouse o gasto do servizo de xestión do centro de visitantes do Botánico de Montealegre, adxudicado a Xestores Medioambientales de Galicia SL, coa seguinte distribución por anualidades: 3.113,46 € para 2017, 21.698,91 € para 2018, e 4.934,94 € para 2019.

Fóra da orde do día. Nomeouse o responsable do contrato municipal de subministración de material de oficina: será o xefe de servizo de Servizos Xerais.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.