Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A concelleira de comercio, Flora Moure, fixo balance durante a xunta de goberno local das Semanas do Mar que o Concello de Ourense realizou en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e os Centros Comerciais Abertos do Couto e Ourense Norte.

Nesta convocatoria, a segunda, contaron con dez dias de actividades fronte aos 5 días da anterior edición que tivo lugar no pasado mes de setembro.

Ao longo da primeira e terceira semana do mes en curso, leváronse a cabo na Aula de Cociña do Concello de Ourense Singular Kitchen, emprazada nas Lagoas, actividades enfocadas a profesionais do sector da hostalería, peixeiros e consumidores finais, nas que se abordaron temáticas coma

  • A manipulación e a limpeza do peixe.
  • Novos cortes e formas de presentación.
  • Diferenciación e identificación de moluscos.
  • O etiquetado e o consumo responsable.
  • E o recoñecemento da frescura do peixe

Tamén os cativos tiveron un oco nestas xornadas. Alumnos de distintos colexios da cidade, concretamente dos Barrios do Couto e da Ponte participaron coa realización de obradoiros e excursións. O obxectivo fundamental coas nenas e nenos é o de familiarizar e promocionar o consumo de peixe entre o público infantil. Aprenderon a elaborar receitas sinxelas a base de distintos tipos de peixe e a fomentar o vínculo dunha dieta sá coa práctica do deporte.

Ao remate destas xornadas terán pasado por esta Aula de Cociña do Concello máis de 200 persoas entre consumidores finais, profesionais da hostalería e peixeiros.

En canto ás actividades dirixidas a cativas e cativos serán un total de 300 os nenos e nenas de 2°, 3° e 4° curso dos CEIP A Ponte e CEIP O Couto os que se asomarán a coñecer de preto as bondades e beneficios do peixe e os produtos do mar.

En total, medio milleiro de ourensáns terán utilizado este espazo educativo do Concello de Ourense durante esta actividade.

Na Xunta de Goberno Local do Concello tratáronse tamén outros 12 asuntos achegados por diferentes concellerías e servizos municipais, entre os que destacan os asuntos relativos ao servizo de patrimonio, especialmente no tocante ás reclamacións patrimoniais.

Avogacía Consistorial

Un par de asuntos relacionados con temas tributarios que lle dan a razón ao Concello de Ourense.

Por unha banda, unha sentenza do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense que desestima un recurso dun particular contra unha resolución do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense. É unha sentenza firme e as costas serán satisfeitas polo demandante.

O segundo asunto procede do mesmo xulgado e trátase dun auto por un motivo similar. Demandaba un particular que o Concello non executara unha sentenza correctamente e o auto do Contencioso–Administrativo o que vén dicir é que o Concello actuara correctamente.

Servizo de Licenzas Urbanísticas e Disciplina

No apartado de Licenzas (1), déuselle luz verde á rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Santa Cruz de Arrabaldo.

En Disciplina (2), un par de expedientes relacionados coa cartelería ilegal. Nun dos casos, impónselle unha sanción económica de 150€. Por outra banda, incoouse expediente disciplinario.

Servizo de Patrimonio.

Reclamacións patrimoniais:

Por unha banda, tres reclamacións desestimadas ou inadmitidas, ben por non concorrer os requisitos legais para ser indemnizado ou por falta de competencias, e dúas admitidas.

Servizo de Contratación

Un par de expedientes:

  • Por un lado, considérase retirada a oferta de CEPSA no expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleo de calefacción para diversos centros do Concello de Ourense por presentar fóra de prazo a documentación que esixe o artigo 15 do prego das cláusulas administrativas.
  • Por outra banda, apróbase o gasto do contrato para o servizo de mantemento das aplicacións corporativas de Persoal e Recursos Humanos do Concellopor un importe global de 12.174,07 euros por ano, coa seguinte distribución por anualidades: 9.261,46 euros neste 2017, 12.174,07 euros en 2018, e 2.912,61 euros en 2019.

Concellería de Persoal e Recursos Humanos.

Inadmisión a trámite dun escrito de solicitude de suspensión do procedemento sobre as prazas de policía local correspondentes ás OPEs de 2013 e de 2014, por tratarse dun acto non susceptible de recurso.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.