Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Regulamento Orgánico de Goberno e Organización, do Pleno e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense regula nos artigos 15 a 24 os rexistros de intereses, ocupándose o artigo 15 do persoal obrigado á presentación das declaracións inscribibles nos sinalados rexistros e que son as seguintes:

  • Membros da Corporación Local (Alcalde e Concelleiros)
  • Membros non electos da Xunta de Goberno Local.
  • Funcionarios con habilitación estatal que desempeñen nesta entidade local posto de traballo cuberto mediante libre designación (Secretario Xeral do Pleno, Tesoureira Xeral, Titular do ógano de Xestión Tributaria).
  • Outro persoal directivo (Asesor Xurídico, Directores Xerais, Xerente Pavillón Municipal de Deportes).

O artigo 18.4 do Regulamento antes citado dispón que "As declaracións publicaranse anualmente durante a segunda quicena do mes de xullo na páxina web municipal".

Documentos: