Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Regulamento Orgánico do Goberno e Organización do Pleno e a Comisión de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense

A modificación do Regulamento Orgánico do Goberno e Organización do Pleno foi aprobada o 7 de setembro de 2012, en acordo plenario e publicado o 14 de novembro do Boletín Oficial da Provincia, entrando en vigor o 30 de novembro de 2012 .

O Capítulo III ''Das incompatibilidades e rexistro de intereses'' dice, , no seu artigo 18:

  1. Sempre que se produza algunha variación respecto do declarado deberá formularse unha declaración adicional no prazo dun mes dende o día no que se produxo, expresando as alteracións feitas.
  2. O prazo de presentacións das declaracións con ocasión do cese da Corporación será a partir do momento no que expire o mandato corporativo ata a data na que os concelleiros cesen no exercicio das súas funcións para a administración ordinaria. No suposto de renuncia dende a data de presentación do correspondente escrito ata que o Pleno municipal coñeza a mesma e declare vacante. Nos casos de perda da condición de concelleiro por decisión xudicial ou incompatibilidade, dende que se notifique ao interesado a resolución correspondente ata que a Corporación declare vacante.
  3. O prazo de presentación anual coincidirá co prazo de presentación da declaración do Imposto sobre a Renda.
  4. As declaracións publicaranse anualmente, durante a segunda quincena do mes de xullo.
  5. En aras da transparencia municipal publícase a seguinte información para o coñecemento dos cidadáns:
    • As bases de execución do orzamento municipal no que figure:
      • As retribucións dos membros da corporación (Alcalde, concelleiros, membros non electos da Xunta de Goberno Local e Directores Xerais.
      • As indemnizacións en concepto de asistencias a órganos colexiados (Pleno, Xunta de Goberno Local, comisións de Pleno e Xuntas de Área)
      • Dotacións económicas asignadas a cada grupo municipal.
    • A relación de todos os postos de persoal eventual coa indicación da súa adscripción.

E en virtude deste artigo e en aras da transparencia municipal ponse en coñecemento e aos efectos oportunos o seguinte:

  1. Retribucións dos membros da Corporación Municipal.
    • Retribucións.
  2. Indemnizacións por asistencia a órganos colexiados.
    • Artigo 40 das Bases de execución do Orzamento 2012.
  3. Dotacións económicas aos grupos municipais.
    • Artigo 41 das Bases de execución do Orzamento 2012.
  4. Relación dos postos de persoal eventual.
    • Relación de Postos de Traballo do Concello de Ourense.
    • Persoal eventual.

Indicadores de Transparencia:

Información de Interese:

Documentos: