Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
A primeira edición do pOpUp Market de Nadal do Concello de Ourense a través da Concellería de Xuventude (21 a 24 de decembro) converteuse nunha das actividades máis participativas e exitosas das festas de Nadal na cidade, tras recibir a visita de máis de 25.000 persoas ao longo dos catro días. O innovador mercado de Nadal deu a oportunidade a 48 emprendedores ourensáns de promocionar e comercializar os seus produtos, achegou ao público ourensán concertos, obradoiros, charlas e outras actividades para nenos e adultos nunha experiencia pioneira que enriqueceu a oferta de lecer da cidade durante as festas de Nadal.

O espazo utilizado foi unha espectacular carpa transparente en formato iglú cunha superficie total de máis de 1.000 metros cadrados, instalada no paseo central da Alameda, que o converte no mercado navideño en formato pop up store máis grande levado a cabo en Galicia ata o momento.

Tres zonas diferenciadas

Participaron 48 expositores entre as tres zonas: "pop up stores", mercado gastronómico "Sabores de Nadal", e zona de restauración "Ourense Street Food". Nalgúns espazos como o de trendON.me (unha plataforma online de novos deseñadores) puxéronse á venda as propostas de 13 deseñadores e deseñadoras menores de 41 anos.

En total, 40 dos expositores eran menores de 41 anos, e os outros 8 son ourensáns ou desenvolve na súa actividade en Ourense.

A afluencia de público foi masiva desde o propio día da inauguración ata la clausura del evento, chegando a máis de 25.000 visitantes ao longo dos 4 días.

Todos os participantes valoraron moi positivamente a experiencia, e a organización, destacando a beleza do espazo e as actividades paralelas para todos os públicos, así como o volume de vendas que -aseguran- superou as expectativas iniciais. Isto se traduce no desexo transmitido polos participantes de repetir en futuras edicións, nas que tamén amosaron intereses máis emprendedores.

Expositores

trendON.me, DOPRA, Vai Vai Mr. Can, Dr. Oso, Punto e Coma, The Divine Shop, Isaura & Amanda, Lulabi Handmade Flowers, Elvet Difusión, Ela Artesanía, Bangus by Julia, Benjor Discos de Vinilo, La Indiana Antigüedades, Rincón Divino, Castañam, Ganadería Balín, Siete Pecados, Gran Colmado, Lambonarte, A Bufarda Xoguetería, Nenoos, Mágicos Gagarin, Yo No Fui, Paseloqpase, Luis Godoy Vidrio Gabrado, EcoVela, Lalè & Mamaié, Patridifusa, La Estación de Loman, Mister Dabadá Casual Food, Amencer e Nico.

Catorce deles teñen tenda física na cidade, outros 5 son empresarios ourensáns con tenda física noutros lugares como A Coruña, Vigo o Allariz. Artesáns que venden de xeito ambulante, empresas con distribución a través de terceiros e a venda online son as fórmulas actuais de venda do resto de expositores.

23 actividades paralelas

Entre as 23 actividades paralelas cabe destacar o programa "EUREKA! Eu emprendo”, os obradoiros infantís educativos durante a mañá e a tarde dos 4 días (algún deles tan espectacular, como a reprodución en tamaño xigante das Burgas, e os 6 concertos de grupos ou artistas de Ourense: En Mala hora, Connectica, McCarballo Band, Hombre-p, The Super Aphonics e The Tetas' Van.