Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O Goberno Municipal convocará a Comisión de Seguimento do PXOM -unha vez transcorrido o Pleno do vindeiro venres fixarase a data-, para negociar a súa aprobación provisional por parte de todos os grupos políticos

A tramitación do documento está rematada, logo da recepción do último informe (positivo), da Consellería de Medio Ambiente, que determina a súa viabilidade. Unha vez sexan incorporadas as determinacións da memoria ambiental, o documento poderá someterse á aprobación por parte do Pleno da Corporación municipal.

“Este goberno municipal fixo os seus deberes e rematou eficazmente, sen ningún informe en contra, o traballo administrativo dun plan que aprobara inicialmente o anterior goberno do PSOE. Agora, abriremos o necesario proceso de negociación para acadar a aprobación provisional dun documento clave para o futuro da nosa cidade”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.