Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Claustro de San Francisco manterase pechado até o martes 14 ao público por obras de mellora e remodelación na súa estrutura.As actuacións na contorna, tanto das novas instalacións da Biblioteca Pública coma do futuro espazo museístico, avanzan a bo ritmo pero obrigan a facer unha serie de melloras no resto dos edificios lindeiros.

O Claustro de San Francisco volverá ao seu horario habitual, de martes a domingo de 11:30 a 13:30 horas, polas mañás, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.