Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense pechará a estación termal das Burgas desde o domingo 12 ata o venres 17 de febreiro, ambos incluídos, para efectuar labores de mantemento. As actuacións centraranse nas instalacións e nos aseos, para que desta forma estean preparadas para as datas do Entroido, nas que Ourense agarda recibir un maior número de visitantes.

A previsión é abrir o sábado 18, cando a estación termal das Burgas volverá ao seu horario habitual: de martes a domingo de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.