Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O 24 de outubro, a sede do ICOMOu (juan XXIII, 19 entrechán) acollerá a xornada “Menores e alcohol. Identificació precoz e intervención breve na Atención Primaria e outros ámbitos sanitarios” organizada pola Cocellería de Sanidade en colaboración co Colexio Oficial de Médicos de Ourense e a Xunta de Galicia.


Entre 16,30 e 20,30 horas os participantes poderán participar en cinco conferencias a cargo de recoñecidos expertos no tema coma José Ramón Hevia, Xefe do Servizo de Promoción a Saúde e Participación do Principado de Asturias.


A xornada está acreditada a través de SEAFORMEC con 0,6 créditos, o que implica o recoñecemento polo Sistema Nacional de Formación Continuada e do European Accreditation Council for CME de la UEMS.


Haberá un total de 80 prazas. A preinscripción é gratuita e obrigatoria no Colexio Oficial de Médicos de Ourense.

Documentación

Cartaz informativo do curso (pdf)