Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Máis de 720 escolares e docentes dos centros educativos da cidade asistirán o martes, 7 de febreiro, á proxección da película “Mustang” (Francia, 2015), dirixida por Deniz Gamze, no Auditorio, organizada pola Concellería de Sanidade dentro do ciclo “Cine e Saúde”.


A familia, a muller, a tradición, a rixidez das normas e a liberdade de eleción son os temas centrais deste filme, que conta a historia de cinco irmás orfas vivaces, lideradas pola máis nova, Lale, de 13 anos, que medran nunha familia obsesionada coa tradición e a virtude das mozas. A súa loita pola liberdade é un pulso entre o pasado e o presente na Turquía actual.


Dúas sesións

Serán dúas sesións, ás 9:00 e ás 12:00, ás que asistirán 689 alumnos e 32 profesores (721 participantes en total). Ás 9:00 serán 211 alumnos e docentes dos centros A Purísima, IES Otero Pedrayo e Divina Pastora, e ás 12:00h, 520 de Valle Inclán, IES O Couto, Luis Vives, IES Otero Pedrayo, Mende, IES Blanco Amor e Hospital Piñor.


Cine e Saúde

Cine e Saúde é un programa dirixido a mocidade de 11 a 20 anos, alumnos de ESO, Bacharelato ou Ciclos formativos. Utiliza o cine como ferramenta para que interactúen, fagan unha análise, reflexión crítica e debatan sobre temas tan dispares como o racismo, a sexualidade ou as relacións de familia.
Desenvolve unha metodoloxía de interacción, análise, debates, e reflexión crítica, apoiada na proxección de 6 películas elixidas pola súa calidade e temática, que van acompañadas dunha guía didáctica para profesorado e un caderno de actividades para alumnos.


O ciclo continuará en marzo con “A linguaxe do amor” (Laura Scrivano, Australia) e rematará en abril con “Desconexión” (Henry Alex Rubin, EEUU, 2012)