Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

A Concellería de Sanidade informa sobre a próxima convocatoria do Segundo Concurso Fotográfico Mascotas Adoptadas, unha iniciativa aberta a calquer persona maior de 18 anos que adoptase un animal no albergue municipal.

Obras

  • Cada concursante poderá presentar un máximo de 2 fotografías.
  • As obras deberán entregarse en papel fotográfico sen ningún tipo de montaxe e nun formato aproximado de 20x30cm.
  • No dorso deberá figurar un pseudónimo ou lema que será común para as fotos presentados por un mesmo autor.
  • As imaxes deberán presentarse tamén en soporte informático (formato TIFF resolución de 300 ppp e aconsellable espazo de cor Adobe RGB 1998). O CD deberá estar identificado co mesmo pseudónimo ou lema que as fotos.
  • Non se aceptarán imaxes realizadas por persoas distintas ao autor ou que non sexan propiedade deste.

Envío das Obras

  • As obras remitiránse por correo certificado, por axencia ou en man ao Concello de Ourense, na Praza Maior, s/n. 32.005. Ourense.
  • Dirixiránse ao Rexistro Xeral do Concello de Ourense, nun sobre pechado coa única indicación de II Concurso Fotografía Concello de Ourense. MASCOTAS ADOPTADAS RESPONSABLEMENTE 2016.
  • Dentro do sobre irán as fotografías co seu lema e o CD. Noutro sobre pechado deberán figurar os datos: nome e apelidos, enderezo, código postal, municipio, provincia, país, teléfono de contacto, e-mail, fotocopia do DNI, declaración asinada do autor/a de conformidade coas bases, declaración coa cesión de dereitos de imaxe e folla que acredite a adopción do animal no albergue municipal.

Prazo

O prazo de admisión de solicitudes será de sesenta días naturais a partires de publicacvión das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Premios

  • Primeiro premio. Dotado con 500 euros
  • Segundo premio. Dotado con 200 euros.
  • Catro accésits. Dotados con 70 euros cada ún.
  • Os gañadores indicarán a que asociación legalmente constituida e con enderezo en Ourense adicados a protección de animais lle cederán os premios en metálico.

Información anexa

Bases, requisitos e premios