Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Debido ao éxito de participación e de inscrición en dúas das actividades do Botanico de Montealegre, que esgotaron as súas prazas, o Concello ampliará esta actividade aos vindeiros 15 de outubro e 26 de novembro respectivamente.

O tesouro de Montealegre. Domingo 15 Outubro. 11 horas. Inscrición previa.

As actividades infantís, dirixidas a nenos e nenas de 3 - 4 a 10 anos: Mediante a busca dun tesouro os mais pequenos aprenderán diferentes valores, como son o traballo en equipo, a imaxinación e diversos valores ambientais.

Magosto: contos de Outono. Domingo 26 novembro. 11 horas. (As prazas para o 12-novembro están esgotadas). Inscrición previa.

O Magosto é unha festa de gran tradición popular en Ourense. Para achegar a festa aos máis cativos e descubrirlles as tradicións, os contos populares son moi importantes por iso proponse unha actividade baseada nun conta-contos de Outono.

Inscricións no teléfono: 988 388 135