Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Logo de máis dun ano traballando no prego de contratación para o novo Servizo de Limpeza e mantemento das Zonas Verdes de Ourense, a cidade conta desde o pasado día 16 cunha nova adxudicataria que, esta mañá, visibilizou na contorna da Igrexa de Portovello (As Lagoas) as melloras do contrato. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza,. José Araújo, reuníanse esta mañá sobre o terreo cos responsables de Valoriza, adxudicataria da empresa, para coñecer a maquinaria e os medios humanos que xa coidan do espazo verde en Ourense.

“Tratamos de axilizar e facer un plan de choque para a mellora dos nosos parques”, aseguraba o rexedor, quen quixo poñer en valor o incremento de 100.000 metros cadrados de zona verde coa entrada en servizo da nova empresa. Entre as zonas ampliadas atópase, precisamente, a da igrexa de Portovello, unha antiga demanda veciñal e punto de entrada por estrada á cidade de Ourense.

Entre as melloras máis importantes do contrato están os 400.000 metros cadrados de zonas verdes dos que se ocupará a empresa (100.000 máis que co contrato anterior), deixando as brigadas municipais liberadas para outras zonas da cidade e tamén para o mantemento de zonas rurais no Concello de Ourense. Pero tamén serán responsables do estudo da saúde e da substitución do arboredo, das xestión das plantas de tempada e dos camiños e viais incluídos nos parques e xardíns do Concello de Ourense.