Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense pechará o acceso á praza de San Marcial, de forma preventiva, para analizar a saúde das árbores da mesma logo da caída dun exemplar na mañá do 21 de agosto. “Desde a Concellería de Medio Ambiente realizaremos un estudio de todas as unidades que se atopan na Praza, para valorar se existe algunha patoloxía ou é preciso realizar algún tratamento preventivo adicional”, aseguraba o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo.

Pola tarde, as brigadas de Medio Ambiente retirarán a árbore caída e outra máis que estaba danada para proceder a examinar o resto das árbores.

O Concello prega desculpas polas molestias que poida ocasionar este peche preventivo da praza de San Marcial.