Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O Concello de Ourense aplica a Endoterapia para o coidado das prantas das zonas verdes da cidade. Trátase dun sistema novidoso que está a utilizar a CMA nos últimos días.

É unha terapia fitosanitaria que consiste en aplicar os tratamentos directamente no sistema vascular das prantas. Esto permite evitar as pulverizacións e as aplicacións indiscriminadas, actuando específica e directamente sobre o elemento patóxeno que afecta á pranta. É máis eficaz e non contaminante en absoluto.

Estase a realizar o tratamento de xeito coordinado coa actividade diaria de mantemento das zonas verdes, tal e como explica o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, quen salienta que se trata dunha alternativa máis efectiva e eficaz, con ausencia de pulverización, nin aplicacións indiscriminais. Só afecta aos elementos patóxenos que dañan as prantas e cumpre coas normas vixentes.

Estes días actuouse na rúa do Paseo, concordia, Avenida de Bos Aires, parque de As Mercedes, parque de San Lázaro, Xan de Nóvoa e na Praza de San Marcial, entre outras rúas con elementos vexetais, onde se actuou sobre máis de 240 unidades aplicadas de diferentes especies.

As plagas que se combateron son as seguintes:

  • Cercis siliquastrum: Psila y Cochinilla
  • Acer platanoides "Globosum": Psila
  • Plátanus x Hispánica: Corythuca ciliata (Tigre)
  • Acer platanoides: Pulgón y Psila
  • Liriodendrom tulipifera: Pulgón

O concelleiro José Araújo destaca que "puxemos en marcha este tratamento novidoso co fin de optimizar ao máximo o coidado das nosas zonas verdes".