Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Logo do paso do temporal que azoutou esta fin de semana toda Galicia, o servizo de Medio Ambiente do Concello de Ourense supervisou ao longo da mañá do 6 de febreiro as incidencias producidas nos diferentes parques da cidade co obxectivo de retirar as numerosas pólas do chan e reabrir, paulatinamente, todos estes espazos.

O caso máis grave

O caso máis grave ocorreu no barrio das Lagoas, onde a caída dun piñeiro derrubou parte do muro e o aramado do Instituto de Seguridade e Hixiene. Porén, o peche preventivo dos parques motivou que o desprendemento de pólas non ocasionase contratempo algún entre os cidadáns.

O Servizo de Bombeiros de Ourense, unha vez constatados que xa non hai alertas nos partes da Axencia Estatal de Meteoroloxía e nos boletíns da Axencia Galega de Emerxencias. Desta forma, deu orde de reabrir os parques de San Lázaro, Barbaña, de Quintela, da Zapatilla, a Alameda e a Praza da Marina.

Así mesmo, as caídas no subministro de electricidade pola caída de pólas no tendido eléctrico fóronse corrixindo ao longo da xornada.