Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Dous obradoiros prácticos complementarán a exposición de Camelias, que o Concello de Ourense organizará a primeira fin de semana de febreiro no Parque de Montealegre. Serán “Camelia en mosaico”, que se desenvolverá o sábado, 4, de 16 a 18horas e o domingo de 11 a 13h, e “Camelia en esmaltado”, que o domingo, día 5, de 11 a 14 horas.

Cada un dos obradoiros contará coa participación dun máximo de 12 alumnos e alumnas. A inscrición está aberta e as persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, a través do número de teléfono 988 388135. O prazo de inscrición rematará o venres, 3 de febreiro ás 12 horas.

A I Exposición de Camelias do Parque de Montealegre brindará a oportunidade de contemplar máis dun millar de especies desta flor, tan representativa dos nosos xardíns, que farán as delicias daqueles que gostan do cromatismo, o aroma e a viveza das camelias.

Abrirá as súas portas o sábado, e poderá ser visitada de 12h a 18:00 horas o primeiro día, e de 10:00 a 18:00h o domingo.