Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

A plataforma tecnolóxica “Ourense Colabora” facilita a comunicación entre a cidadanía e o Concello. Trátese dunha aplicación móbil para o envío e seguimento de calquera incidencia observada no Concello.

A aplicación está dispoñible para a súa descarga por parte da cidadanía, co único requirimento de dispoñer dun smartphone da plataforma Android ou da plataforma iOS.

A través da aplicación é posible capturar as incidencias observadas no municipio de Ourense, engadir fotos, situar a localización da incidencia nun mapa, envialas ao Concello e finalmente realizar o seguimento das mesmas ata a súa resolución.

Unha vez recibidas as incidencias, os xestores do Concello as envían ao departamento oportuno e unha vez resoltas, comunicarllo ao cidadán/á que informou da incidencia.

Trátese dunha plataforma innovadora que pretende afianzar o compromiso do Concello de Ourense coa transparencia e a colaboración cidadá.

Descarga da aplicación dende Google Play: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.imatia.ourense.citizen&hl=es