Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Dun total de 18 propostas presentadas, os integrantes da comisión técnica do proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental, mobilidade, pacificación do tráfico e integración da bici no centro urbano de Ourense -do que forman parte todos os grupos políticos do Concello de Ourense, técnicos de Medio Ambiente e Infraestruturas e do gabinete de arquitectura Urba+- elixiron o sobre presentado baixo o lema 18862. O gañador do concurso, dotado con 1.500 euros é Iago Nóvoa, do estudo ourensán Nove Oito Oito Sociedade Cooperativa Galega, deseñador gráfico e arquitecto.

Segundo os integrantes da comisión técnica, esta proposta é a que mellor representa os criterios das bases do concurso: Orixinalidade, creatividade, estética e versatilidade para potenciar os valores do proceso. Esta nova imaxe daralle nome ao proceso, até o de agora coñecido por Móvete por Ourense, e será empregado para desenvolver todas as campañas de mellora da calidade ambiental, mobilidade, pacificación do tráfico e integración da bici no centro urbano de Ourense.

Na reunión da Comisión técnica informouse tamén do desenvolvemento dos diferentes grupos motores do proceso: accesibilidade, bicicleta e traballo cos escolares son os tres grandes bloques de traballo deste proceso participativo.