Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense, a través dos concelleiros de Infraestruturas e Participación Cidadá, José Araújo e Carlos Campos, expúxolle a AVV 15 de agosto de Reza, o proxecto inicial para o espazo que actualmente ocupa a Estación Depuradora de Augas Residuais de Reza, actualmente en proceso de demolición.

Malia que o uso do parque está aínda por decidir, o Concello de Ourense proxectou diferentes usos dotacionais, entre os que se atopan unha pista e un edificio multiusos (600 e 450 metros cadrados, respectivamente), zona de aparcamento para 80 prazas, dous parques caninos para animais de máis e de menos de 30 kg (600 metros cadrados en total), e unha zona verde de 16.000 metros cadrados que incluirá unha innovadora pista de ximnasia funcional e circuitos de alta intensidade (High Intensity Interval Training), a primeira destas características da cidade, cuxo tamaño dependerá dos elementos que alí se instalen. O parque contará, ademais, con 630 árbores de 10 especies diferentes, entre eles, loureiros e carballos.

Os responsables das áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas, José Araújo, e de Participación Cidadá, Carlos Campos, expuxéronlle o proxecto aos veciños para coñecer a súa opinión sobre a configuración do novo parque, do que se ocuparía AQUAES en virtude do proxecto de demolición da estación depuradora.