Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello ven de publicar o decreto da convocatoria do proceso de participación vecinal para a presentación de propostas de nomes de mulleres relevantes co fin de que dean nome as prazas e rúas da cidade.

 

O obxectivo deste proxecto é reimpulsar a visibilización e posta en valor da contribución das mulleres á historia a través da asignación de nomes de mulleres ou de efemérides relacionadas coa igualdade nos novos edificios e dotacións públicas (centros diversos, bibliotecas, salas, etc.) e nas rúas e prazas da cidade (presentando propostas de novas fillas ilustres da cidade) para que entren a formar parte do patrimonio urbanístico da cidade e divulgar así o seu coñecemento.

Decreto da convocatoria (pdf)