Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Nas derradeiras décadas, na nosa contorna máis inmediata tense avanzado moito en materia de igualdade, mais todas e todos somos conscientes de que aínda queda moito máis por facer para poder dicir abertamente que vivimos nunha sociedade realmente igualitaria en termos de xénero.

Por iso, o Concello de Ourense a través do Centro Municipal de Información á Muller, busca darlle continuidade ao traballo de promoción da equidade de xénero a nivel local: como entidade pública que é, ten a obriga e a responsabilidade de impulsar políticas públicas que favorezan a equidade entre mulleres e homes removendo os obstáculos que a impiden.

Este III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero 2017 / 2020, consensuado cos grupos políticos, persoal técnico, a comisión de violencia de xénero e o movemento asociativo, estará durante os seguintes 30 días exposto a través da páxina web porque entendemos que a promoción da igualdade é algo transversal a toda a sociedade e, polo tanto, a responsabilidade é conxunta e compartida.

Pedímosche que, durante este período de exposición pública, fagas as achegas que consideres necesarias previas á aprobación definitiva do texto.

Máis información

O III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero (pdf)