Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense inicia unha nova edición dun dos programas fomativos máis amplos e participativos de cantos desenvolve: a Universidade Popular, formado por un total de 142 cursos e obradoiros para persoas maiores de 16 anos, con catro bloques temáticos: Idiomas, Novas tecnoloxías, Saúde e calidade de vida, Cultura e tempo de lecer, Intervención social e formación para o emprego e Artesanía e obradoiros.

A programación incorpora este ano 45 novas propostas en materias tan diversas como: portugués, robótica, xardinería ecolóxica, musicoterapia, cómic, intelixencia emocional, Autocad ou tango, entre outras. Tamén ofertará cursos on line. Con eles prevé seguir aumentando o número de participantes (e superar a cifra récord de 3.006 acadada o curso pasado).

As persoas interesadas poderán preinscribirse desde mañá, luns, 2, ata o 31 de outubro, con preferencia na orde de entrada da solicitude á hora de obter praza. Tamén terán preferencia as persoas empadroadas en Ourense e os colectivos (por esta orde): 1º Parados/as, xubilados/as e amas/os de casa, 2º.- Estudantes, 3º.- Traballadores/as en activo.

A preinscrición será online a través da web da Con­cellería www.educacionourense.com, cubrindo un for­mulario, que se colgará na web mañá, luns, ás 09:00 h, e recibindo un PDF de confirmación, co núme­ro de rexistro, data e hora da mesma. De ter algunha dificultade á hora de prenscribirse a través de Internet, poderase acudir á Concellería de Educación (Praza de San Martiño 2, 1º), en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Cada persoa poderá preinscribirse nun máximo de CATRO accións formativas. O custe da matrícula é 33 euros.

O programa completo pódese consultar na páxina web da Concellería de Educación: