Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Consello Municipal de deportes ven de aprobar as bases da convocatoria de subvencións anual para eventos e manifestacións deportivas (liña 1: 80.000 euros) e para a actividade regular dos clubs deportivos da cidade de Ourense (liña 2: 600.000 euros). As bases, aprobadas no Consello Reitor do pasado 4 de maio, recollen importantes novidades achegadas por clubs e partidos políticos representados nesa institución, como que se valorará con máis puntuación aquelas entidades que acollan entre as súas filas deportistas con discapacidades, axudas para o aluguer de instalacións deportivas non municipais ou para adquisición de equipamentos non funxibles.

A partida de axudas para este ano supera en 40.000 euros á do ano pasado, na que foron 77 os clubs beneficiados e 45 os eventos apoiados desde o Consello Municipal de Deportes en base ás dúas liñas de axudas. Este ano, ademais, existe a posibilidade de ampliar a liña de axudas no caso de existir crédito abondo, tal e como reflicten as bases da subvención.

Por outra banda, modificouse o sistema de xustificación e control financeiro das subvencións de xeito que as axudas se apliquen naquelas actividades para as que foron solicitadas.