Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O Consello Municipal de Deportes acolleu a presentación de Ourense Milla Solidaria 2017, organizada polo Club Deportivo Aurum en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e do Concello de Ourense. Trátase dunha carreira popular pedestre que se disputará en Ourense o vindeiro domingo, 30 de abril, na rúa do Paseo, sobre un circuíto homologado pola RFEA.

Circuítos adaptados ás diferentes idades.

Ourense Milla Solidaria 2017 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,34 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría. Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. As inscricións estarán abertas até o 26 de abril de 2017 ás 20:30 h. A recollida de dorsais farase no Centro Municipal José Ángel Valente o mesmo día da proba dende as 10:00 h.

Pero é, sobre todo, unha iniciativa solidaria: Todos os ingresos en concepto de inscrición serán destinados á "Asociación Española Contra o Cancro", unha entidade non lucrativa que lidera o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto desta enfermidade e mellorar a vida das persoas.

Máis información