Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Deporte e solidariedade volven darse a man coa celebración da I Andaina Solidaria do Ourense Club de Fútbol a beneficio dos Proxectos de Infancia da Cruz Vermella en Ourense, e que se celebrará o vindeiro domingo 19 con saída e meta desde Oira. A actividade foi presentada nas instalacións do pavillón dos Remedios, onde o concelleiro Mario Guede salientou a “importancia do deporte como instrumento social” e deixou abertas as portas do Consello Municipal para todo tipo de actividades deste tipo.

Inscrición

O prazo de inscrición péchase o vindeiro 16 de febreiro, e para anotarse haberá que ingresar 3  euros na conta bancaria habilitada para a ocasión. Tamén se poden facer achegas solidarias co chamado dorsal 0. Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do club en horario de 17:00 a 21:00 horas ou hora e media antes da saída.

A vicepresidenta en Ourense da Cruz Vermella, Nora Sola, agradeceulle a implicación do Ourense Club de Fútbol na organización de esta Andaina solidaria, así como ao Concello e Deputación de Ourense e ás empresas colaboradoras. Os fondos recadados destinaranse aos proxectos de Infancia da Cruz Vermella en Ourense, que só o ano pasado contaron na cidade con 134 participantes entre os programas de promoción do éxito escolar e a inclusión social.

Proxectos para a infancia

Entre as actividades do proxecto atópanse o apoio educativo, onde se traballan técnicas de estudo e o seguimento académico e la realización de tarefas escolares e reforzo de materias específicas; a entrega de merendas e de lotes de material escolar, así como axudas económicas relacionadas coa escolarización e o rendemento académico: bolsas de comedor, transporte, vestiario, gafas o actividades extra escolares. Todas estas actividades compleméntanse cun servizo de soporte ás familias no que reciben información, orientación e apoio socio-educativo en aspectos relativos á escolarización e educación temperá.

“Non se trata só de acadar o logro académico, senón que hai que buscar a inclusión e a participación dos nenos e nenas e das súas familias no proceso educativo e na comunidade á que pertencen”, sinalou Nora Sola.